"FALAR POR FALAR"
DE
PAZOS DE BORBÉN
Seguiremos o venres 22 de
novembro có 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR
FALAR" no que estará con nós a veciña do Condado LORENA PINHEIRO cunha versión para adolescentes do seu show "SEICA", un espectáculo cheo de emoción,
diversión e reflexión empregando como ferramenta un dos apeiros máis antigos da
humanidade: as historias contadas.
Historias, contos e faladurías recollidas na parroquia da narradora e no
seo da súa familia, acompañando o espectáculo de pequenas intervencións
musicais ao estilo Saladina, a súa avoa e unha das protagonistas das historias
que sucederon en Meder, alá polos anos 40.
Iniciará as súas actuacións ás 13:00 horas cunha versión
para adolescentes á que asistirán os rapaces de 3º e 4º de ESO e
varios usuarios da Asociación ASPAVI.
Pola tarde/noite ás 20:00
horas ofreceranos outra sesión especial de "SEICA" para público
adulto.
Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR