FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística trae a Pazos de Borbén unha nova actividade de dinamización lingüística da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, unha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias.
Un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.
"ENREDANDO CON PAKOLAS" chegará en abril e maio a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.
Paco Cerdeira ven de lanzar en Decembro de 2017 o seu primeiro libro-disco en solitario "Pakolas", nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.
Este
novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este
espectáculo, editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore,
en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta
na edición coas ilustracións de Laura Romero.
"Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender". Chega con este novo traballo cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas: "Baldomero o mero", "Xabarín con bombín", "Furafollas", "A Quenlla Madrugadora", "Mc Pac", "Rí salta ri corre", etc.
Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor
por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra,
neste espectáculo individual creado polo propio autor, onde a
interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as
súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o
público.
"Baldomero o Mero" da moita importancia aos bens materiais, pero o resto de peixes ben que lle demostran o contrario. "Xabarín con Bombín", que é moi bailarín, porque ao final todos e todas podemos chegar a ser o que queiramos ser... Todos
estes animais e mais poderedes atopar nas súas cancións deste
espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi
rockeiro e guitarreiro.
Un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia.
Así que xa sabedes, o...
Sábado 12 de maio
no
Auditorio do Concello
a partir das 18:00 horas
teremos con nos a
PAKOLAS
co seu espectáculo
"ENREDANDO CON PAKOLAS"
Actividade patrocinada pola
Dende
a Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" da Concellería de Cultura
do Concello de Pazos de Borbén CONVIDÁMOSVOS a participar nesta actividade.
NON FALTEDES!
VIR CON NÓS A ROCKANDROLLEAR!!!