sábado, 25 de xullo de 2020

MARILUZ AVESTRUZ


MARILUZ AVESTRUZ
Autor: Rachel Chaundler
Ilustrador: Bernardo Carvalho
Edita: OQO Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A Mariluz gústalle durmir coa cabeza agochada nun burato.

Pero, un día, de súpeto, no pode sacar a cabeza.

Quén poderá axudar a pobre Mariluz?

ISBN: 978-84-9871-606-1
Nº de páxinas: 30
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 25,5 cm

venres, 24 de xullo de 2020

COAS MIÑAS MANS


COAS MIÑAS MANS
Autor: Pablo díaz
Ilustradora: Lucía Cobo
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +5 anos

Coas miñas mans podo debuxar, contar, sentir...

Música para aprender os números, as cores, as comidas...

Pero tamén para cantarlle ça lúa, a primavera...

Cancións divertidas para medrar con alegría!

ISBN: 978-84-9151-183-0
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 21,5 cm

xoves, 23 de xullo de 2020

LIBRO DE CONTAR


LIBRO DE CONTAR
Autor: Pep Bruno
Ilustradora: Mariona Cabassa
Edita: OQO editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Hai moitas formas de contar.

Pódense contar as nubes deitado na herba; pódense contar as formigas que saen do formigueiro, sentado xunto a un amigo; pódense contar as amapolas do campo mentres camiñas... Ou se pode contar un conto ao tempo que contamos os persoaxes que o van facendo...

Pero, ao chegar ao número doce, sae a lúa, todos temos que ir a cama, e... 

Empeza a conta atrás!

ISBN: 978-83-9871-608-5
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 24 cm

mércores, 22 de xullo de 2020

TIKISMIKIS


TIKISMIKIS
Autor: Laura Garzón
Ilustrador: Xan López Domínguez
Edita: Rodeira-Edebe

Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Quen agocha os teus xoguetes?

Quen revolve nos teus caixóns e pon todo do revés?

Abre este libro máxico e descubre a Tikismikis, o trasgo fedello que vive no teu cuarto. Ese que vixía os teus soños e che canta ao oído para que durmas mellor.

ISBN: 978-84-8349-555-1
Nº de páxinas: 29
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 21,5 cm

martes, 21 de xullo de 2020

A CASA DO TERROR


A CASA DO TERROR
Autor: Xoan Curiel
Ilustradora: Iria Fafián
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +5 anos

"A casa do terror" ten a porta aberta para ti!

Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta aventura.

Un libro-cd para gañar valor e facer uns amigos de medo!!

ISBN: 978-84-9151-199-1
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 24,5 cm

luns, 20 de xullo de 2020

HOY TOCA PESCADO


HOY TOCA PESCADO
Autor: Trinitat Gilbert
Ilustradora: Mariona Cabassa
Edita: La Galera, SAU Editorial

Género: Literatura Infantil en Castellano - Ciencias Aplicadas - Pesca

Idade recomendada: +6 anos

¡Uf, hoy toca pescado! ¿Cuantas veces has pronunciado esta frase? Seguro que lo has dicho antes de saber si te gusta o no.

Porque el pescado tienen una cosa en común con el chocolate y la carne: lo hay de muchos tipos y se puede cocinar de muchas maneras distintas.

¿Quieres saber por qué?


ISBN: 84-246-2190-5
Nº de páginas: 43
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 21,5 cm

domingo, 19 de xullo de 2020

O MEDO É LIBRE


O MEDO É LIBRE
Autor: Concha Blanco
Edita: Edicións Embora, SL

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

As noites axexan e, con elas, as historias que activan os sentidos dos lectores.

Neste monllo de relatos de Concha Blanco atopamos turbación, inseguridade, medos e tamén, as veces, a tranquilidade que produce saber de certo que as cousas non son sempre o que parecen.

As impresións que causa o descoñecido poden producir desacougo, pero tamén son motivo de pracer.

ISBN: 978-84-16456-52-9
Nº de páxinas: 67
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger