NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de marzo de 2022

"UNHA NENA MOI MOI VALENTE" - UN CONTACONTOS POLA IGUALDADE DE "TRÉMOLA TEATRO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

E seguimos conmemorando o Día Internacional da Muller coas actividades de animación á lectura e sensibilización e dinamizacióin da lingua galega programadas por BiblioPazos.

Neste ocasión informamos da actividade que terá lugar tamén o luns 7 de marzo de 13:00 a 14:00 horas  no Auditorio do Concello no que teremos outro contancontos pola igualdade denominado "UNHA NENA MOI MOI VALENTE" que levará a cabo Paula Regueiro García de Trémola Teatro dirixido aos escolares de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Esta é a historia dunha nena que, nunha festa de pixamas, descobre un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas".
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

"8(M)ULIER" UN CONTACONTOS POLA IGUALDADE DE "TRÉMOLA TEATRO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da lingua galega de 2022, e para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que se celebra en todo o mundo o próximo martes 8 de marzo.

BIBLIOPAZOS adhírese a esta conmemoración coa programación desta activiadde o luns 7 de marzo de 10:00 a 11:00 horas no Auditorio do Concello na que teremos en Pazos de Borbén a Lucía L. Golán de Trémola Teatro co contacontos "8(M)ULIER" para os escolares de 1º e 2º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional?
Se as princesas xa non necesitaran ser salvadas?
E se fose necesario reverter o feitizo?
8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de contos, cancións e poemas.
Unha viaxe que non deixará indiferente a ninguén"
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

mércores, 2 de marzo de 2022

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

O próximo martes 8 de marzo conmemórase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, unha data para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. A forza que consegue un movemento de mulleres en todo o mundo traspasa fronteiras, diferenzas culturais, económicas, ideolóxicas e de calquera tipo. As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e lograr a igualdade en todos os ámbitos da sociedade.

A conmemoración deste día foi promulgado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) no ano 1975, pero realmente se viña celebrando dende moito antes.

Mulleres e homes que traballan en sectores dependentes de recursos naturais como a agricultura vense afectados polo cambio climático. Con todo, a muller padece unha maior vulnerabilidade derivada de factores sociais, económicos e culturais. FOTO: FAO/Mónica Castaño.
Dende a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén queremos participar deste día e unirnos á mensaxe das Nacións Unidas e que o Día das Mulleres sexan todos os días do ano.

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar con valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

ONU MULLERES anuncia o tema para o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o 8 de marzo de 2022, que será "IGUALDADE DE XÉNERO HOXE PARA UN MAÑÁ SOSTIBLE".

O tema recoñece a contribución das mulleres e as nenas de todo o mundo, que están liderando os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sostible para todas as persoas.


Ensaios de frijoles tolerantes á seca en Malawi, que en 2016 sufría a súa peor seca en tres décadas. Foto: CIAT/Neil Palmer.

Potenciar a igualdade de xénero no contexto da crise climática e a redución do risco de desastres é un dos maiores desafíos mundiais do século XXI.

Cada vez é máis evidente que as mulleres son máis vulnerables ao impacto do cambio climático que os homes, xa que constitúen a maioría da poboación pobre do mundo e son máis dependentes dos recursos naturais afectados por esta ameaza ambiental.

Ao mesmo tempo, as mulleres e as nenas son líderes eficaces e poderosas que impulsan o cambio para lograr a mitigación e a adaptación climáticas. Implícanse en iniciativas sostibles en todo o mundo e a súa participación e liderado xeran unha acción polo clima máis eficaz. Para lograr o desenvolvemento sostible e unha maior igualdade de xénero é esencial seguir explorando as oportunidades, así como as limitacións, para permitir que as mulleres e as nenas teñan voz e participen en igualdade na toma de decisións relacionadas co cambio climático. Sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e igualitario seguirá estando fóra do noso alcance.
Por iso, a celebración do Día Internacional da Muller das Nacións Unidas é “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”.

Este tema do Día Internacional da Muller está en consonancia co tema prioritario do Sesaxésimo sexto período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ( CSW66): “Lograr a igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e as nenas no contexto dos programas e as políticas do cambio climático e a redución dos riscos de desastre e ambientais”.

Por último comentar que con ocasión do Día Internacional da Muller deste ano, ONU Mujeres asociouse coa artista visual Burcu Köleli para elaborar as imaxes ilustrativas do concepto temático de 2022: “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”.

Imaxe Fonte Burcu Köleli para ONU Mujeres (2022)

Os carteis do Día Internacional da Muller 2022 poden utilizarse sen fins comerciais na internet e as redes sociais no contexto do Día Internacional da Muller, a condición de que se recoñeza a ONU Mujeres e á artista coa seguinte aclaración: Fonte: Burcu Köleli para ONU Mujeres (2022). Para utilizarlos con otros fines, comuníquese con: permissions@unwomen.org

Para acceder ao kit de marca do Día Internacional da Muller 2022 e demais recursos dispoñibles, faga clic AQUÍ.


domingo, 13 de febreiro de 2022

INICIO DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE 2022


Como en anos anteriores desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén – BiblioPazos iniciamos a programación cultural-educativa de animación á lectura cunha actividade que terá lugar o próximo Venres día 18 de febreiro coa que queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

Esta conmemoración celébrase desde que a ONU (ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS) na súa Asemblea Xeral o 22 de decembro de 2015 decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo principal de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero.

Tamén convidou a todos aos Estados Membros, organizacións e órganos do sistema das Nacións Unidas, a outras organizacións internacionais e rexionais, ao sector privado e ao mundo académico, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais e os particulares, a celebrar este día a través de actividades de educación e sensibilización pública a fin de promover a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas na educación, a capacitación, o emprego e os procesos de adopción de decisións na ciencia, eliminar toda forma de discriminación contra a muller, mesmo nas esferas da educación e o emprego, e sortear as barreiras xurídicas, económicas, sociais e culturais respecto diso mediante, entre outras cousas, a promoción do establecemento de políticas e plans de estudo no campo da ciencia, incluídos programas escolares, segundo corresponda, para alentar unha maior participación das mulleres e as nenas, promover as perspectivas de carreira das mulleres na ciencia e recoñecer os logros das mulleres na ciencia.

Como dixemos ao principio desta noticia para conmemorar este importantísimo día realizaremos unha actividade que será impartida por Uxía Tenreiro López e Marcia Ares do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC).

“OCEANOTECA” é un obradoiro no que os participantes mediante xogos, contos e manualidades poderán aproximarse ao océano e aos animais que viven nel e que se desenrolará da seguinte forma:


En primeiro lugar haberá presentación e información xeral sobre o CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO empregando imaxes do libro “OS BOLECHAS. O CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO” que pode descargarse en formato PDF no seguinte enlace:

http://www.ieo.es/es_ES/web/vigo/libro-os-bolechas

Seguidamente representarese o conto “A camiseta do capitán”, que permitirá, de xeito lúdico, introducir os alumnos nas campañas de investigación que leva a cabo o Instituto Español de Oceanografía. Finalizado o conto os participantes realizarán a través da papiroflexia do buque oceanográfico Ángeles Alvariño.

Imaxe da web https://oceanicas.ieo.es/

Presentaráse de forma breve "OCEÁNICAS", un proxecto do INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) en colaboración coa FUNDACIÓN ESPAÑOLA PARA A CIENCIA E A TECNOLOXÍA (FECYT) do MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN, que enmarca en 2022 as actividades lo 11F; e daremos por rematada a actividade coa representación do conto “O peixe Arcodavella”.

Participarán os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da Escola de Educación Infantil “A Galeriña” de Nespereira e realizarase en tres sesións:

  • De 09:45 a 10:45 horas no Auditorio do Concello asistirá o alumnado de Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
  • De 11:00 a 12:00 horas tamén no Auditorio do Concello asistirá o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
  • De 12:45 a 13:45 horas na EEI “A Galeriña” de Nespereira asistirá o alumnado desta escola infantil.

Desde a Biblioteca Pública Municipal e desde o Concello de Pazos de Borbén queremos agraceder a disposición e facilidades outorgadas polo personal do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) para que este evento se puidera levar a cabo.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 11 de febreiro de 2022

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


Imaxe da páxina web 11defebrero.org

Hoxe 11 DE FEBREIRO DE 2022 conmemorase outro ano máis en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

Esta conmemoración celébrase co obxectivo principal de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero desde que a ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS (ONU) na súa Asemblea Xeral o 22 de decembro de 2015 aprobou a Resolución A/RES/70/212 pola que decidiu proclamar o 11 DE FEBREIRO de cada ano DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA; e convidou a a todos aos Estados Membros, a todas as organizacións e aos órganos do sistema das Nacións Unidas e outras organizacións internacionais e rexionais, ao sector privado e ao mundo académico, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais e os particulares, a que celebren o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA de maneira apropiada, en particular a través de actividades de educación e sensibilización pública a fin de promover a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas na educación, a capacitación, o emprego e os procesos de adopción de decisións na ciencia, eliminar toda forma de discriminación contra a muller, mesmo nas esferas da educación e o emprego, e sortear as barreiras xurídicas, económicas, sociais e culturais respecto diso mediante, entre outras cousas, a promoción do establecemento de políticas e plans de estudo no campo da ciencia, incluídos programas escolares, segundo corresponda, para alentar unha maior participación das mulleres e as nenas, promover as perspectivas de carreira das mulleres na ciencia e recoñecer os logros das mulleres na ciencia.

Desde a ONU este ano 2022 trabállase para conseguir que as mulleres e as nenas formen parte da ciencia como axentes do cambio e céntrase no tema "Equidade, Diversidade e Inclusión: A auga únenos", baixo o lema

"MULLERES E NENAS NA CIENCIA: AXENTES DE CAMBIO"

Esta adolescente está realizando un experimento durante una clase de química en la Escuela secundaria de Kamulanga en Lusaka (Zambia). FOTO: UNICEF/UN0145554/Karin Schermbrucker

Se queres saber máis sobre a conmemoración deste día podes acceder ás seguintes páxinas web:


          Imaxe da web 11defebrero.org

          Tamén podedes pasar pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén na que temos moitísimos libros sobre Mulleres, Nenas e Ciencia que podedes consultar aquí ou levar para ler na vosa casa e que seguramente vos poden ser de moita utilidade para coñecer a moitas mulleres que fixeron. Seguidamente deixovos algúns enlaces pero se queredes algo concreto soamente tedes que comunicar con nos e consultarnos:
          E moitos máis.

          Imaxe da web Fasefundacion.org

          Por último comentar que en BIBLIOPAZOS conmemoraremos este día o próximo Venres 18 de Febreiro no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e na EEI "A Galeriña" de Nespereira cunha actividade que será impartida por Uxía Tenreiro López e Marcia Ares do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) e que se denomina:


          Nos próximos días iremos contádovos en que consistirá esta actividade.

          AGORA ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN EN TODO O MUNDO PARA CONMEMORAR  O
          DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

          BUSCAR NO BLOG


          gadgets para blogger