O Día Mundial do Teatro creouse en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Celébrase anualmente o 27 de marzo polos Centros ITI e a comunidade teatral internacional.
Varios eventos teatrais nacionais
e internacionais son organizados para conmemorar esta ocasión. Un dos
máis importantes é a circulación da Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro a través do cal, por convite do ITI,
unha figura de talle mundial comparte as súas reflexións sobre o tema
do Teatro e unha Cultura de Paz. A primeira Mensaxe Internacional do Día
Mundial do Teatro foi escrita por Jean Cocteau (Francia) en 1962.
Primeiro foi en Helsinki, e logo en Viena, no 9º Congreso Mundial do ITI en xuño de 1961 que o Presidente Arvi Kivimaa propuxo en nome do Centro Finlandés do Instituto Internacional de Teatro que un Día Mundial do Teatro fora instituído. A proposta, avalada polos centros escandinavos, realizouse por aclamación.
Dende entón, cada ano o 27 de marzo (data da apertura de 1962 do "Teatro das Nacións" tempada en París), o Día Mundial do Teatro celébrase en moitas e variadas formas polos Centros Nacionais do ITI dos cales na actualidade hai case 100 en todo o mundo.
Cada ano, unha figura sobresaínte no teatro ou unha persoa
excepcional en corazón e espírito doutro campo, é invitada a compartir
as súas reflexións sobre o teatro e a harmonía internacional. O que se
coñece como a Mensaxe Internacional tradúcese en máis de 20 idiomas,
lidos por decenas de miles de espectadores antes das presentacións en
teatros de todo o mundo e imprimido en centos de diarios. Colegas no
ámbito audiovisual dan unha man fraternal, máis de cen estacións de raio
e televisión que transmiten a Mensaxe aos oíntes en todos os cantos dos
cinco continentes.»
Mensaxe de Brett
Bailey, para o
Día Mundial do teatro 2014
Día Mundial do teatro 2014
Onde quer que houber sociedade humana, o
Espírito irreprimible da Representación maniféstase.
Baixo as árbores de pequenas aldeas, e sobre os
sofisticados escenarios das grandes metrópoles; nas entradas das escolas e en
campos e en templos; en suburbios, en prazas públicas, en centros
socio-culturais e nos subsolos das cidades, a xente reúnese en comuñón arredor
dos efémeros mundos teatrais que creamos para expresar a nosa complexidade
humana, a nosa diversidade, a nosa vulnerabilidade, en carne e óso, e alento, e
voz.
Reunímonos para chorar e para recordar; para rir
e contemplar; para aprender, afirmar e imaxinar. Para marabillarnos ante a maña
técnica, e para encarnar deuses. Para deixarnos sen alento ante a nosa
capacidade para a beleza, a compaixón e a monstruosidade. Imos para nos encher
de enerxía e poder. Para celebrar a riqueza das nosas diferentes culturas, e
para facer desaparecer as fronteiras que nos dividen.
Onde quer que houber sociedade humana, o
Espírito irreprimible da Representación maniféstase. Nacido da comunidade, leva
postas as máscaras e as vestimentas das nosas distintas tradicións. Utiliza as
nosas linguas, ritmos e xestos, e abre un espazo entre nós.
E nosoutros, os artistas que traballamos con
este antigo espírito, sentímonos impulsados a canalizalo a través dos nosos
corazóns, das nosas ideas e dos nosos corpos para revelar as nosas realidades
en toda a súa mundanidade e o seu refulxente misterio.
Neste mundo de poder desigual, no que distintas
ordes hexemónicas intentan convencernos de que unha nación, unha raza, un
xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco
cultural é superior ao resto, pódese realmente defender a idea de que as artes
deberían afastarse das axendas sociais?
Nosoutros, os artistas de escenarios e ágoras, conformámonos
coas demandas asépticas do mercado, ou utilizamos o poder que temos: para abrir
un espazo nos corazóns e as mentes da sociedade, para reunir xente ao noso
redor, para inspirar, marabillar e informar, e crear un mundo de esperanza e
colaboracións sinceras?
Tradución
de Sandra Romaris e Xocas López para Eme2
"O Teatro ten o poder de moverse, inspirar, transformar e educar de formas que ningunha outra forma de arte pode. O Teatro reflicte tanto a diversidade extraordinaria de culturas coma a nosa condición humana compartida, en toda a súa vulnerabilidade e forza.
(Irina Bokova, Directora Xeneral da UNESCO con motivo do 50º Aniversario do Día Mundial do Teatro.)"
Fonte: Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Se queres máis información para traballar na aula ou na casa sobre o Día Mundial do Teatro clica no seguinte logo e accederás a recursos educativos do INTEF.
Desde BIBLIOPAZOS queremos trasladarlles a todas e todos os traballadores do sector teatral (autores/as, actores e actrices, escenógrafos/as, directores/as, tremoias, sastres/as, iluminadores/as...) o nosos desexo de que pasen un fermoso e especial día e que gocen de moitos exitos presentes e futuros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.