NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias Aplicadas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias Aplicadas. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de outubro de 2021

QUIERO SABER MÁS. El cuerpo humano

QUIERO SABER MÁS
El cuerpo humano
Autor: Texto editores
Traducción: Amparo Cantalejo
Texto Editores
Colección: Quiero saber más

Género: Ciencias Puras Infantiles

Edad recomendada: +7 años

Quiero Saber Más presenta de forma divertida y didáctica las respuestas a las dudas de los más pequeños acerca del mundo que les rodea.

El cuerpo humano muestra a los niños la anatomía del cuerpo humano, fomenta hábitos higiénicos fundamentales y les explica de forma sencilla el funcionamiento de los distintos órganos.

Un proyecto para alumnos del primer ciclo de Educación Primaria, con un lenguaje sencillo, adaptado a su edad y con ilustraciones que harán más placentera la aventura del saber.

ISBN: 978-84-83660-68-3
Nº de páginas: 32
Encuadernación: Tapa acartonada
Formato: 21 X 30 cm

sábado, 5 de setembro de 2020

COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO


COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO
Autores: Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ciencias Aplicadas- Economía Doméstica

Idade recomendada: +6 anos

En Cociñando con Bolboretas no bandullo cada receita garda unha historia, pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita, moita diversión. Metemos as mans na masa, xogamos coa comida, argallamos pratos sorprendentes e só de pensar nos resultados... Non podemos para de babexar!

Entre estas páxinas agóchanse momentos para gozar e sabores por conquistar. Adiante, bolboreteiros e bolboreteiras. Agardámosvos con moita ilusión!

ISBN: 978-84-9121-407-6
Nº de páxinas: 73
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 27,5 cm

domingo, 7 de xuño de 2020

REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL


REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL
Autor: Maria Frá Bagaria
Edita: Baia Ediciones, SL

Xénero: Ciencias Aplicadas - Agricultura

A horta medicinal forneceu a casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas de este libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva.

Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, por que son as mesmas receitas e están elaborados coas nesnas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de "natural", pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións.

Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais no son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.

ISBN: 978-84-9995-314-4
Nº de páxinas: 210
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19,5 cm

xoves, 30 de abril de 2020

RECEITAS PEQUERRECHAS


RECEITAS PEQUERRECHAS
Autor: Rocío Garrido Caramés
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ciencias Aplicadas - Economía doméstica

Idade recomendada: +9 anos

50 receitas para que a cativada da casa se fagan chefs de primeira.

Velaquí receitas saborosas para que as nenas e os nenos fedellen na cociña e experimenten cos alimentos.

Propostas moi doadas de facer para pasar agradables momentos na cociña en familia.

Quen sabe se, a partir do que aprendan aquí, terminan facéndose recoñecidos cociñeiros dignos dunha estrela (ou dúas!) Michelin.

Pero aínda que iso non pase, o que queda garantido son momentos moi doces, como as sobremesas que aquí se atopan, e moi alimenticios, co mollo de pratos que Rocío, a cociñeira máis divertida de Galicia, nos propón dentro deste gorentoso menú!

ISBN: 978-84-9151-260-8
Nº de páxinas: 111
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 19,5 x 23,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger