Que é Inspiraciencia?
Inspiraciencia é un concurso de relatos 
de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a
 literatura dunha maneira lúdica e participativa. A ciencia e a 
literatura recorren á creatividade para encarar novos retos e combinalas
 pode xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. 
Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e
 imaxinar a ciencia, desde a ficción Inspiraciencia é unha invitación a todos a pensar e imaxinar a ciencia a través da escrita.
- Modalidades: O concurso ten dúas modalidades: relatos curtos (entre 800 e 1.500 palabras) e microrrelatos (ata 500 palabras).
- Categorías: O concurso ten dúas categorías: público xeral (a partir de 18 anos) e público xuvenil (de 12 a 17 anos).
 Os participantes deben rexistrarse e poden enviar como máximo dous relatos en cada modalidade competitiva. É dicir, cada participante pode enviar un relato curto e un microrrelato.
- Linguaxe: Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán ou en galego.
Consulta as BASES do concurso e inspírache!
O prazo de presentación de relatos pecharase o 10 de marzo de 2013.
Fuente:  INSPIRACIENCIA

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.