Participará nesta actividade o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira, e os usuarios da Asociación ASPAVI e a realizaremos en dúas sesións; unha de 11:00 a 12:00 horas na que están convidados o alumnado e mestres de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e a segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas contará coa participación do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.
TANTO CONTA, CONTA TANTO son historias de personaxes "diferentes" que reclaman a súa identidade e que loitan polo dereito a ser como queren ser e a quererse tal como son.
O noso “veciño” traerános o seu vontacontos "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" baseado no seu libro "O país da choiva" publicado por Antela Editorial.
Será o Venres día 22 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e están convidado para asistir o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
"A xente da vila esqueceu a súa lingua. A choiva levou as palabras dos seus beizos."
Neste contacontos empregaranse contos e poemas escritos polo autor como
elemento de recuperación de palabras propias (que levou a choiva); co obxectivo
de fomentar a creatividade na rapazada; xerar relacións baseadas
no bo trato e respecto mutuo; asociar aspectos positivos, e divertidos, á
lingua galega. A lingua como elemento de xogo; traballar vocabulario na lingua
galega; pór en valor o conto e a poesía como ferramenta transformadora da
realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; e fomentar a lectura e o
uso da imaxinación.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA