NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Actividaes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividaes. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de febreiro de 2021

BUSCANDO A ROSALÍA

 

Comezamos as actividades da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BiblioPazos) conmemorando o 184 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO que se celebra o día 24 de febreiro; cun espectáculo de narración oral con monicreques para nenas e nenos titulado "BUSCANDO A ROSALÍA" que levará a cabo a actriz e contacontos RAQUEL QUEIZÁS o Mércores día 24 de febreiro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello. 

"A detective Queliña atopa unha vella maleta, dentro hai follas escritas con versos, uns zapatos pequenos, un pano branco... Investigando e xogando descubre quen é a dona da maleta, Rosalía de Castro, a nosa gran poeta. 

Que bela e caprichosa é a alegría (Rosalía de Castro). 

Búscase nena, moi imaxinativa, á que lle encanta facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua. Será unha gran escritora de maior que escribirá con pluma e corazón." 

Están convidados a esta actividade as alumnas e alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus mestres.

VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

ESPERÁMOSVOS!!!

luns, 9 de decembro de 2019

“TOPONIMÍZATE. FALÁMOSCHE DOS NOMES DA TÚA TERRA"


E remataremos os eventos do ano 2019 cunha actividade para os concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) que toma como base a toponimia de Galicia.

A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes; e constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso.

Para elo o Concello de Pazos de Borbén acollerá o próximo mes de decembro unha actividade de promoción e dinamización da lingua e cultura galegas denominada “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra” que se enmarca nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia e coordinados desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A actividade consiste nunha conferencia que terá lugar o día 19 de decembro ás 12:30 horas no Auditorio do Concello e que será impartida polo filólogo Vicente Feijoo Ares, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.

Nela falarase de toponimia galega (os motivos da abundancia de nomes de lugar no país, a toponimia galega como patrimonio inmaterial...) e tamén da propia de cada concello (significado dos nomes das parroquias e aldeas; como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos; utilidades desta ferramenta...). Ademais, nos concellos que teñen sen recoller a súa micro toponimia –é dicir, os nomes de leiras, camiños, fontes, penedos...-; como é o caso do noso concello, mostrarase unha APP que lles permitirá aos veciños e veciñas colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial que é o noso orgullo.

A charla irá dirixida a membros da Corporación municipal e técnicos de administración local; Asociacións veciñais e culturais; Comunidades de montes; Escolares; e veciños e veciñas que lles interese; e xa está confirmada a asistencia a esta conferencia dos alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Os obxectivos deste programa son múltiples e atinguen tanto á veciñanza coma aos técnicos municipais:

Achegar aos cidadáns do concello unha información moi valiosa sobre a historia do galego falado na súa contorna e sobre os modos de vida dos seus antepasados, os feitos históricos que foron relevantes para eles e as características da paisaxe no momento en que se bautizou cada anaco da súa terra ou cada braza do seu mar. Porque en Galicia todo está nomeado e cada nome ten unha historia que contar, un anaco de historia local que non figura nos libros e que os veciños e veciñas deben coñecer.

Fornecer aos técnicos municipais das ferramentas necesarias para que lles faciliten a tramitación de expedientes relacionados coa planificación e xestión do territorio do termo municipal, nos que deben empregar os topónimos normalizados, así como a posta en valor e promoción turística da paisaxe e dos elementos do patrimonio material e inmaterial que posúen.

Fomentar o uso da lingua galega entre a xente máis nova, pois promoverase que sexa esta a lingua que interactuen cos seus avós e veciños para preguntarlles polos nomes de lugares e as lendas a eles asociados. Tamén empregarán o galego coas novas tecnoloxías para subir toda esa información a internet. Os topónimos naceron en galego e así deben usarse, tal como se manifesta no artigo 10 da Lei 3/1983 de normalización lingüística.

Fomentar a presenza do galego nas tecnoloxías da información e da comunicación. A toponimia moderniza a nosa lingua, porque a imos traballar cunha APP que presentará as últimas novidades en sistemas de información xeográfica e porque abriremos unha ventá ao mundo a través de internet para dar a coñecer as singularidades de cada concello.

Xerar dinámicas de traballo que promovan as relacións entre a sociedade, entre as asociacións veciñais e culturais e as administracións. Trátase de buscar a participación de toda a comunidade nun proxecto cultural común, facendo un traballo cooperativo entre varias xeracións, poñendo en valor a sabedoría dos máis vellos, a intrahistoria de cada concello e a conservación do patrimonio inmaterial (tradicións, folclore, coplas, lendas... asociadas aos topónimos). Isto creará un sentimento de identidade colectiva compartida e de continuidade.

Por cuestións de aforo para asistir a este evento é necesaria a inscrición previa chamando ao teléfono da biblioteca nº 986 497 273.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger