sábado, 21 de setembro de 2019

GALEGAS NO MUNDO con OS PIÑEIRIÑOS


Por último e para rematar as actividades deste mes teremos con nós o Venres día 27 de setembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello a ANDREA VÁZQUEZ acompañada dos irmáns Fuco e Xela "OS PIÑEIRIÑOS" co seu espectáculo "GALEGAS NO MUNDO" a través do que queremos facer visibles as figuras de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia, poñer en valor os seus méritos e transmitir valores fundamentais para educar en igualdade e salientar os aspectos máis relevantes da nosa cultura Galega.

Nesta ocasión participaran neste evento os alumnos de 1º a 4º de Primaria e Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os da EEI "A Galeriña" de Nespereira, xunto con algúns usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade enmarcase no programa de narración oral para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Entrada de balde ata completar o aforo do local. 
Obrigatoria inscrición previa no teléfono da Biblioteca nº 986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger