E seguimos informando sobre a entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén que tivo lugar pasado martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e no que participaron os presentados ao certame ademáis de mestres, monitores e algúns veciños e veciñas.
O acto estivo presidido polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña acompañado polo concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame.
Despois de diversas intervencións por parte dos membros do xurado, da Deputada provincial e do Sr. Alcalde procedeuse polo secretario á entrega dos premios outorgados polo xurado aos galardoados e galardoadas.
Na CATEGORÍA B.- ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL non puideron asistir á gala do día 19 de decembro no Auditorio do Concello os rapaces e rapazas da EEI "A Galeriña" de Nespereira, polo que ao día seguinte o Sr. Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña acompañado da Concelleira de Cultura Mª Victoria Couñago Corujeira e do Secretario do xurado, achegáronse á escola para entregarlles ao alumnado os premios, diplomas e agasallos correspondentes.
O Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña e a Concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira na entrega de premios ao alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira. |
O xurado premiou con Accésit nesta categoría os traballos do alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira seguintes:
Traballo presentado baixo o título “XOGANDO XUNTOS” e o pseudónimo de “VELOZ”.presentado por ROI PAZOS CAMIÑA, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil.
Para ver o traballo fai CLIC no título.
A Concelleira de Cultura Mª Victoria Couñago Corujeira entrega o seu premio a Roi Pazos Camiña. |
Traballo presentado baixo o título “O AMIGO DO XABARIL” e o pseudónimo de “JABALÍ” presentado por JOSE LUIS BARCIELA DOMINGUEZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil.
Para ver o traballo fai CLIC no título.
José Luis Barciela Domínguez recibe o seu diploma e o lote de libros da man do Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña |
De seguido chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles a cada un deles o Diploma acreditativo da súa participación neste certame e un libro de agasallo.
A mestra Elvira recollendo o lote de libros para a escola. |
Entregouse tamén un lote de libros para a escola por presentar ao certame máis de catro participantes. O lote foi recollido pola mestra Elvira.
Por último comentar que o alumnado desexou ao Sr. Alcalde e acompañantes Bo Nadal entregándolles unhas postais para a Alcaldía e a Biblioteca.
Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.