Volvemos de novo para informar da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén que tivo lugar pasado martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e no que participaron maís de 149 persoas entre escolares e mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, monitores e usuarios da Asociación ASPAVI e algúns veciños e veciñas.
Participantes da Categoría B.- Alumnado de Educación Infantil cos membros do xurado e autoridades |
O Primeiro premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título “NENAS E NENOS: DIFERENTES, PERO IGUAIS” e o pseudónimo de “OSITA”, presentado por CINTHIA DOPAZO PÉREZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Cinthia Dopazo Pérez recollendo o seu premio que lle entrega o Alcalde do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña |
Para ver o traballo fai CLIC no título
O escritor Miguel A. Alonso Diz entregando o premio a Laura Rodríguez Martínez. |
Nesta categoría o xurado considerou
premiar con Accésits aos traballos seguintes:
Traballo presentado baixo o título “XOGANDO XUNTOS” e o pseudónimo de “VELOZ”, presentado por ROI PAZOS CAMIÑA, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
Para ver o traballo fai CLIC no título
Traballo presentado baixo o título “COMPARTINDO EN IGUALDADE” e o pseudónimo de “CHASE”. Aberta a plica correspondeu a autoría de MARTÍN SEIJAS MARTÍNEZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil.
Para ver o traballo fai CLIC no título
Martín Seijas Martínez recolle o seu premio que lle entrega o mestre do CPI "Curros Enríquez" Manuel González Pastoriza |
Traballo presentado baixo o título “O AMIGO DO XABARIL” e o pseudónimo de “JABALÍ”, presentado por JOSE LUIS BARCIELA DOMINGUEZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
Para ver o traballo fai CLIC no título
Traballo presentado baixo o título “O SANTO APARECIDO” e o pseudónimo de “UNICORNIA”, presentado por AINARA RAMÍREZ PÉREZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Para ver o traballo fai CLIC no título
O concelleiro Iván Martínez Ventín entrega o premio a Ainara Ramírez Pérez |
Entregouse tamén uns lotes de libros aos mestres para as aulas de infantil.
Os mestres de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos recollendo os lotes de libros entregados por Uxía Porrit Lueiro e Miguel Anxo Alonso Diz |
NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios dos gañadores e participantes desta e doutras categorías publicaránse en novas noticias que sairán nos próximos días.
Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.