NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Discriminación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Discriminación. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de novembro de 2020

S.O.S - Pepe Caballude

S.O.S
Autor: Pepe Carballude
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Novela construída a partir duns feitos reais. O embarrancamento dun buque con materiais contaminantes na Costa da Morte desencadea unha psicose colectiva e unha atmosfera de apocalipse inmediata.

O autor sitúa sobre ese telón de fondo o amor de dous rapaces en loita contra a adversidade e os prexuízos sociais.

Esta historia transcorre en paralelo a outra, protagonizada por un responsable político empeñado en manter unha conducta íntegra e de servicio público nunha situación na que proliferan a demagoxia, o alarmismo e un partidismo pueril e sectario.

Novela de acción que se le con interese e que solicita do lector unha reflexión sobre problemas tan do noso tempo como as catástrofes ecolóxicas, a manipulación das masas, a responsabilidade na acción política e as discriminacións sociais.

ISBN: 978-84-7154-916-6
Nº de páxinas: 118
Formato: 12 cm x 21,5 cm
Encadernación: Tapa blanda

martes, 8 de xaneiro de 2019

Exposición "ROMPE, XOGA EN IGUALDADE"


Desde o departamento de Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén remítennos a seguinte información da Exposición "ROMPE, XOGA EN IGUALDADE" organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra e que se inaugurará no vestíbulo da Casa Consistorial mañá mércores día 9 de xaneiro ás 12:00 horas.

A exposición poderá visitarse ata o día 31 de xaneiro de 2019.

Esta mostra busca sensibilizar ao espectador sobre a discriminación e a violencia que sofren as mulleres. Constará de varios paneis onde se tratarán cuestións como as nais de alguiler, as vodas, o uso dos zapatos de tacón...


Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por sí mesmo precisando apenas dun texto explicativo. Amosa situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenos e nenas así como a transmisión de valores.
 

Esta proposta de poesía visual é un proxecto desenvolvido polas artistas isabel Branco e Irene Silva.


Dende BiblioPazos animamos a toda a veciñanza a visitar esta exposición.
 
 

mércores, 7 de marzo de 2018

CINCENTA E AS ZAPATILLAS PELUDAS


CINCENTA E AS ZAPATILLAS PELUDAS
Autor: Davide Cali
Ilustracións: Raphaëlle Barbanègre
Traducción: Anaír Rodríguez
Edicións Xerais de Galicia S.A.

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos

Había unha vez unha nena que vivía coa súa terrible madrastra e con dúas irmás aínda peores. Pasaba os días ocupándose das tarefas do fogar e soñando cun aposto príncipe. Ata que un día se anunciou o famoso concurso de baile...

Esta reinterpretación do conto clásico de Cincenta supón un canto á liberdade.

Unha historia divertida e chea de humor que cuestiona os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.

ISBN: 978-84-9121-267-6
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm
                            

domingo, 18 de febreiro de 2018

S.O.S.


S.O.S.
Autor: Pepe Carballude
Ilustracción: Bernardo Saavedra
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa 

Baseada a partir duns feitos reais. Esta novela aborda o embarrancamento dun buque con materiais contaminantes na Costa da Morte desencadeando unha psicose colectiva e unha atmósfera apocalíptica. 

O autor narra o amor de dous rapaces en contra dos prexuízos sociais. Esta historia transcorre en paralelo a outra, un político empeñado en manter unha conducta íntegra e de servicio público nunha situación demagóxica. 

Se lle amosa o lector os problemas tan do noso tempo como as catástrofes ecolóxicas, a manipulación das masas, e a responsabilidade na acción política e as discriminacións sociais.

ISBN: 84-7154-916-6
Nº de páxinas: 118
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 21,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger