sábado, 29 de setembro de 2012

Mecanografía e Internet para os alumnos do CPI "Curros Enríquez"

A partir do próximo martes 2 de outubro, a Aula Informática do Centro Antena-Biblioteca Pública Municipal recibirá semanalmente a 83 alumnos dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI "Curros Enríquez" para iniciarse no coñecemento das novas tecnoloxías.
Edificio do Centro Antena-Biblioteca Municipal
As clases terán unha duración aproximada dunha hora e media semanal e con elas os alumnos aprenderán: 
  • As habilidades e os procedementos necesarios para manexa-lo teclado, o rato e o ordenador en xeral.
  • O manexo básico do programa de tratamento de textos Word
  • A coñecer as ferramentas necesarias para a aprendizase da navegación por Internet
  • As utilidades e as funcións do correo electrónico a dagún programa de comunicación a través de Internet.
Esta actividade, que comezou no pasado curso escolar, é producto da colaboración do Concello de Pazos de Borbén e do Centro Público Integrado "Curros Enríquez" co obxectivo de supera-la fenda dixital e servir de apoio ao proxecto ABALAR para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, co obxecto de que os alumnos aproveiten da mellor forma posible os equipamentos e infraestructura tecnolóxicas postos a súa disposición polo centro educativo a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



 Alumnos do curso 2011-2012

Curso de "Técnicas de Busca de Emprego"

 
O próximo martes 2 de outubro, comeza o curso de "TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGO" na Aula Informática do Centro Antena-Biblioteca Pública Municipal, no que participarán 14 alumnos.

Este novo curso está organizado dende o Departamento de Servizos Sociais e será impartido por persoal do concello pertencente ás áreas de Emprego, Servizos Sociais e Centro Antena-Biblioteca. Terá lugar todos os martes, en horario de 10:00 a 12:00, durante os meses de outubro de 2012 ata febreiro de 2013 e cunha duración total de 40 horas.
 
Os obxectivos que se pretende conseguir son que os alumnos participantes:
  • Desenvolvan técnicas e estratexias sinxelas de busca de emprego co fin de axudalos á súa inserción laboral nun mundo en permanente cambio.
  • Coñezan as novas tecnoloxías de comunicación e aprendan a utilizalas como ferramentas imprescindibles na busca de emprego que lles permita mellorar o seu empleabilidad e a visibilidade do seu perfil profesional.
  • Motivalos para que manteñan durante todo o proceso de busca de emprego unha actitude positiva, sendo sistemáticos, planificadores, tenaces e estando en constante movemento para intentar obter mellores resultados.
 O curso estructúrase en dous módulos:

-Módulo de Informática Básica (10 horas): Este módulo achegará aos alumnos ás novas tecnoloxías a través do coñecemento e uso do ordenador, do rato, do teclado, do programa de procesamento de textos Word; a navegar por internet e utilizar o correo electrónico; a coñecer as redes sociais (Facebook, Twitter...), as páxinas web de emprego (Infoempleo, Infojobs..).

-Módulo de Técnicas e estratexias de busca de emprego (30 horas): Qué é un currículum, tipos e cómo se fai; A carta de presentación, qué é, estructura e consellos para facela; Cómo organizar a documentación (títulos, diplomas, contratos de traballo, fotocopias do DNI, carné de conducir...; Os Servizos de Emprego (INEM, SEPE, Servizo Público de Emprego de Galicia...); O autoemprego, etc.

venres, 28 de setembro de 2012

xoves, 27 de setembro de 2012

Saúda do Alcalde

Estimados internautas:

Benvidos ao BLOG da Biblioteca Pública Municipal - Centro Antena do concello.

É intención do goberno municipal mostrar este renovado servicio á todos os veciños e veciñas para que a partir de agora poida ser utilizado tanto persoalmente nas instalacións do centro, como a través de internet.

As novas tecnoloxías farán máis fácil dende agora a prestación deste servizo público tan esencial nun pequeno municipio como o noso, e ademáis facilitará a vosa activa participación a través de internet.

Espero que atopedes na biblioteca un montón de novas aventuras a través dos libros e unha oportunidade para recibir formación e información mediante a utilización dos recursos da Aula Informática.

Desexando que sexa do voso agrado, agardo a vosa participación neste novo blog e na páxina de Facebook que estará operativa próximamente.

Saúdos.

Andrés Iglesias Rodríguez

mércores, 26 de setembro de 2012

Día Europeo das Linguas

Día Europeo de las Lenguas. 26 de setembro
Para ir á páxina web clica na imaxe

No ano 2001 a Comisión Europea e o Consello de Europa lanzaron conxuntamente a iniciativa do Ano Europeo das Linguas, cuxa celebración tivo lugar entón pero a súa pegada se renova cada ano co Día Europeo das Linguas, que ten lugar no calendario o día 26 de setembro.


Os obxectivos do Día Europeo das Linguas, en particular para este 2008, son os seguintes: subliñar a importancia de aprender linguas, incrementar o coñecemento e a conciencia do valor das linguas e motivar a aprendizaxe continua das linguas ao longo de toda a vida. Trátase así, á fin e ao cabo, de celebrar a diversidade lingüística e cultural en Europa. O Instituto Cervantes, dende a súa Sede en Madrid e a través das súas sedes no Mundo, súmase un ano máis a esta feliz iniciativa común.

Día Europeo de las Lenguas. 27 de septiembre de 2012
Para saber máis clica na imaxe