sábado, 29 de setembro de 2012

Mecanografía e Internet para os alumnos do CPI "Curros Enríquez"

A partir do próximo martes 2 de outubro, a Aula Informática do Centro Antena-Biblioteca Pública Municipal recibirá semanalmente a 83 alumnos dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI "Curros Enríquez" para iniciarse no coñecemento das novas tecnoloxías.
Edificio do Centro Antena-Biblioteca Municipal
As clases terán unha duración aproximada dunha hora e media semanal e con elas os alumnos aprenderán: 
  • As habilidades e os procedementos necesarios para manexa-lo teclado, o rato e o ordenador en xeral.
  • O manexo básico do programa de tratamento de textos Word
  • A coñecer as ferramentas necesarias para a aprendizase da navegación por Internet
  • As utilidades e as funcións do correo electrónico a dagún programa de comunicación a través de Internet.
Esta actividade, que comezou no pasado curso escolar, é producto da colaboración do Concello de Pazos de Borbén e do Centro Público Integrado "Curros Enríquez" co obxectivo de supera-la fenda dixital e servir de apoio ao proxecto ABALAR para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, co obxecto de que os alumnos aproveiten da mellor forma posible os equipamentos e infraestructura tecnolóxicas postos a súa disposición polo centro educativo a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



 Alumnos do curso 2011-2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.