NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Presentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Presentación. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de outubro de 2017

"ESPAÑA CYBORG" FÉLIX CARREIRA VISO INTRODÚCENOS NO CYBERPUNK COA COLABORACIÓN DA BIBLIOTECA DE PAZOS DE BORBÉN E OS AMIGOS DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA


O escritor coruñés Félix Carreira Viso, estará o primeiro venres de novembro en Redondela para presentar as súas obras: 850 aniversario e Lágrimas de neón e para introducirnos no ciberpunk, unha corrente literaria dentro da ciencia ficción que está a acadar moito éxito nos últimos anos.


O ciberpunk, xénero no que se ambientan as novelas de Félix Carreira, coñécese por reflectir visións distópicas do futuro, onde a ciencia, e particularmente, a cibernética, adoitan provocar algún tipo de cambio de paradigma social que se reflicte nunha sociedade en crise. Nas tramas deste subxénero o argumento adoita estar centrado nos hipotéticos conflitos entre hackers, intelixencias artificiais emegacorporacións, situados nun futuro próximo do planeta Terra.

Respecto ás novelas que xa leva publicadas o noso convidado, e ás que nos vai introducir durante a charla, ambas foron publicadas por Mablaz.

- 850 aniversario, que foi finalista do II Premio Somnium de Ciencia Ficción e Fantasía 2016, convocado pola editorial Libros Mablaz, paséanos pola cidade de A Coruña no ano 2058 que, disposta a celebrar o 850 aniversario do súa refundación, vese sorprendida por unha serie de atentados.

- No seu segundo traballo: Lágrimas de neón, o autor trasládanos esta vez ao ano 2059 á cidade de Nox City, no que "as políticas neoliberais levaron a un mundo dominado por grandes corporacións". Nese mundo onde a xustiza privatizouse, a protagonista vese envolvida no roubo dun importante proxecto da corporación Quick Z, que non reparará en gastos no seu empeño por recuperar esa información. Este proxecto comezouno o autor no ano 2009 para finalizalo en 2012 e esperou ata o 2017 para ve-la luz xunto a dous relatos –unha precuela e secuela- na editorial Libros Mablaz.


Félix Carreira Viso nace na Coruña en 1985. Na súa adolescencia afecciónase aos xogos de rol, e no contexto de escribir as crónicas das partidas comeza o seu blog: The attitude is everything, que paulatinamente vai gañando en contido literario. Os xéneros nos que se atopa máis cómodo na súa producción narrativa son: ciberpunk, fantasía escura, ciencia-ficción e novela negra.

O acto terá lugar o Venres 3 de novembro ás 20:00h., na CASA DA CULTURA de REDONDELA, e se programa no eido das actividades colaborativas de animación á lectura que empezaron a organizar conxuntamente as Bibliotecas municipais de Redondela e a Biblioteca de Pazos de Borbén durante este ano 2017. Nesta ocasión tamén colabora activamente a Asociación Amigos das Bibliotecas de Redondela.

xoves, 27 de setembro de 2012

Saúda do Alcalde

Estimados internautas:

Benvidos ao BLOG da Biblioteca Pública Municipal - Centro Antena do concello.

É intención do goberno municipal mostrar este renovado servicio á todos os veciños e veciñas para que a partir de agora poida ser utilizado tanto persoalmente nas instalacións do centro, como a través de internet.

As novas tecnoloxías farán máis fácil dende agora a prestación deste servizo público tan esencial nun pequeno municipio como o noso, e ademáis facilitará a vosa activa participación a través de internet.

Espero que atopedes na biblioteca un montón de novas aventuras a través dos libros e unha oportunidade para recibir formación e información mediante a utilización dos recursos da Aula Informática.

Desexando que sexa do voso agrado, agardo a vosa participación neste novo blog e na páxina de Facebook que estará operativa próximamente.

Saúdos.

Andrés Iglesias Rodríguez

luns, 4 de abril de 2011

Estreamos o noso Blog

Hoxe temos boas novas.

A Biblioteca Pública Municipal do Concello inaugura o seu blog a través do que compartiremos moitos momentos de lectura, aventuras, actividades, emocións, etc.

O persoal queremos darvos a benvida a todos e invitarvos a utilizar este novo recurso tecnolóxico, desexando que serva de canle de comunicación para estar máis preto día a día e poder prestar un servizo máis eficaz.

Se aínda non eres usuario da biblioteca invitámoste a participar deste blog e a inscribirte como socio. Temos moitas cousas para tí.

É gratuíto. ¡Anímate!

¡Visítanos! Estamos no edificio antigo do concello.
 
Contamos coa vosa participación.

Saúdos.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger