NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 8 de maio de 2016

MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS


MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS
Autor: Manuel María
Limiar: Ánxel Johán e Manuel María
Ilustración: Rafael Alonso
Colección Benito Soto - Poesía, Volume X, 1950 

Xénero: Poesía Galega 

Manuel María, o protagonista do Día das Letras Galegas de 2016, iniciou a súa andaina poética coa publicación de Muiñeiro de brétemas.

O libriño saíu á luz en 1950 na colección Benito Soto, un ano despois de que fora escrito durante o verán no seu Outeiro de Rei natal, en boa medida á beira do río Miño. Tiña só 19 anos e, malia o tempo no que lle tocou medrar, puidera coñecer desde a escola algunha poesía galega que marcaría esta obra de iniciación.

Na casa familiar, Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004) leu en galego sendo cativo os Cantares Gallegos de Rosalía, algunha comedia de Leandro Carré Alvarellos e tamén O Gaiteiro de Lugo, que mercaba o seu pai. Mais tamén tivo certo achegamento á poesía galega na escola.

O seu mestre de Rábade faláballe ao alumnado sempre en castelán, pero os sábados mandáballe ler a Literatura Gallega de Carré Aldao e unha antoloxía da poesía galega de Álvaro María de las Casas. Foi así como Manuel María coñeceu algúns versos de Amado Carballo e de Manuel Antonio, lecturas que, segundo el mesmo dicía, deixaron pegada no Muiñeiro de brétemas.

"Cara a ti" é un dos poemas incluídos na obra, que foi publicada coa axuda de Aquilino Iglesias Alvariño, o primeiro que veu os versos de Manuel María en galego. A primeira edición foi prologada por Ánxel Johán, quen concluía que o poeta Manuel María "polo de agora, é un máxico".
 CARA A TI
 
Vou a ti decote cada día
co ollar enmallado nunha nao
que o vento desfiaña pouco a pouco
na espuma dorida do teu peito.

E brillas nesa espuma
sedenta dunha luz tremelucente
que escintila nunha bágoa xa ferida
na manteliña prateada dunha estrela.

Vou a ti, sedento de saloucos
e de brétemas,
 depenicando alalás entre a follaxe
acesa por folerpas que fuxían
no afiado coitelo do sorriso.

(Non debullo lonxanía polo ermo
nin o vento morno me desvía).

 Vou a ti deixando nun luceiro
unha vella ronseira que se afoga
nun estraño fío prateado
que garda un chirlo amorosiño.

Ollo fuxir cara o nordés un pensamento
que vai só para ti, para que che diga
a mensaxe calada dun retorno.

Fonte: Real Academia Galega
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger