NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Turismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Turismo. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de xullo de 2016

Coñece PAZOS DE BORBÉN e a comarca de Redondela


Comarca de REDONDELA
(Redondela, Soutomaior, PAZOS DE BORBÉN e Fornelos de Montes)
Colección Vive y Descubre
Editorial Everest. S.A. 

Nas páxinas deste libro encontrarás a información necesaria para organizar unha viaxe máxica e inesquecible. Inclúe todos os aspectos básicos e esenciais para coñecer estes lugares: rutas para ver o máis interesante, os aloxamentos e restaurantes máis recomendables, a que lugares acudir se viaxas con nenos...

Todos os datos prácticos actualizados por expertos da localidade: monumentos, cultura, gastronomía, festas e direccións de interese. 

Unha guía imprescindible para non perder o mellor dos municipios de Redondela, Soutomaior, PAZOS DE BORBÉN e Fornelos de Montes. 

ISBN: 978-84-441-00060-9
Nº páx.: 143 

Este verán ven a coñecernos 

Faite socio de BIBLIOPAZOS e regalámosche un exemplar.

 

mércores, 19 de agosto de 2015

OS NOVE TESOUROS DO CONDADO E A PARADANTA

OS NOVE TESOUROS DO CONDADO E A PARADANTA
Autor: Xoan Xosé Pérez Labaca
Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), 2014

Neste libro fálase de Mondariz como o corazón do Condado, fai incapé nun paseo rápido por Mondariz e as súas once parroquias. Vilasobroso na historia de galicia. Mondariz Balneario e os seus datos históricos.

Unha visita a Ponteareas, capital da Arte Floral e as súas feiras e mercados. A Cañiza, a Festa-Feira do xamón e as súas parroquias. Onde, tamén, nombra a historia da parroquia de Valeixe e non podía faltar a Romaría da Franqueira.

Arbo, a súa historia e a súa gastronomía, co prato por excelencia da Lamprea. Cunha das romarías máis altas, a de Sanfíns.

As Neves, como a xoia do Condado. Crecente, mirando ao Miño. Covelo, a natureza en estado puro. E Salvaterra, portal e capital histórica do Condado, onde se atopan as Covas de Dona Urraca.

Libro editado con motivo da homenaxe dos Concellos de Mondariz e Ponteareas a Xoán Xosé Pérez Labaca.
 
Xoán Xosé Pérez Labaca, profesor xubilado. Investigador nos campos da etnografía, a historia e a gastronimía, con especial atención á zona sur de Galicia. Colaborador en distintos medios de comunicación como nos períodicos Faro de Vigo, Atlántico Diario, A Peneira, Hermes Atenea, etc., e nas revistas Pregón, Aunios, La REvista Peregrina, Espertares, Guía Gastronómica da Cadena SER, Soberosum, etc. Tivo un programa diario persoal na Cadena Si Radio de Galicia titulado "Crenzas de Galicia" e está en posesión de varios premiso periodísticos e literarios.

Formou parte de AGAXET (Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo e Gastronomía), da Irmandade dos Vinhos Galegos, da Asociación Galega da Cultura e a Ecoloxía, do Centro de Estudos da Paradanta e do Condado, das Ordes de San Miguel de Ponteareas e de Xan Carallás de Redondela e da Asociación Cultural Gastronómica Pineiróns.

Outros libros publicados do autor:
  • Xentes destas partes. Editorial Roucalla, 1986.
  • Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e do Balneario. Deputación Provincial de Pontevedra, 2006.
  • Anacos de cousas celtas. Editorial Alénmiño, 2008.
  • Ponteareas da ialma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2011.
  • Aqueles oficios de preto da raia. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2012.
  • Mondariz contado a trozos (en castelá). Punto Rojo Libros, 2013.
  • O túnel do Barroso. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2013.
  • Cazolas e Pucheiros (100 receitas do Faro de Vigo - Suplemento Condado Paradanta).
 
ISBN: 978-84-92867-17-2
Encuadernación: Cartoné
Formato: 23,5 x 16 cm.
Nº de páginas: 107

xoves, 15 de maio de 2014

EXCURSIÓN AO BALNEARIO AGUAS SANTAS (RIBEIRA SACRA)

Dende o Concello nos envía a seguinte información que, seguramente, será do voso interese.



A saída será o día 16 de Xullo de 2014 ás 09,00 dende a praza do Concello.

O Concello de Pazos de Borbén subvenciona o transporte en autobús.

O prezo por persoa é de 20,00 €uros e inclúe os seguintes servizos:

Comida, circuito da auga no balneario e visita a unha bodega.

É necesario levar bañador, gorro de baño e chanclas.

Prazas limitadas: 50.

O prazo para inscribirse finaliza o día 1 de xullo de 2014 no teléfono do Concello 986 498 934 en horario de 09:00 a 14:00 horas de Luns a Venres.


A excursión a organiza o Concello de Pazos de Borbén e a patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra.


sábado, 6 de xullo de 2013

Coñece PAZOS DE BORBÉN e a comarca de Redondela

Comarca de Redondela
(Redondela, Soutomaior, PAZOS DE BORBÉN e Fornelos de Montes)
Colección Vive y Descubre
ISBN: 978-84-441-00060-9
Nº páx.: 143

Nas páxinas deste libro encontrarás a información necesaria para organizar unha viaxe máxica e inesquecible. Inclúe todos os aspectos básicos e esenciais para coñecer estes lugares: rutas para ver o máis interesante, os aloxamentos e restaurantes máis recomendables, a que lugares acudir se viaxas con nenos...

Todos os datos prácticos actualizados por expertos da localidade: monumentos, cultura, gastronomía, festas e direccións de interese. Unha guía imprescindible para non perder o mellor dos municipios de Redondela, Soutomaior, PAZOS DE BORBÉN e Fornelos de Montes.

 Este verán ven a coñecernos

Faite socio de BIBLIOPAZOS e regalámosche un exemplar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger