Ola a todos e todas os usuarios e usuarias da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén.
Queremos comunicarvos que, despois de varios meses de arduo traballo actualizando e engadindo códigos de barras a todo o seu material bibliográfico, a Biblioteca integrouse no novo programa de xestión Koha formando xa parte do Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Por iso convidámosvose para que vos acheguedes á Biblioteca para actualizar os vosos datos persoais e facervos entrega do NOVO CARNÉ DE USUARIO/A que é único para todas as bibliotecas da Rede.
Con esta incorporación ao catálogo
colectivo vai a haber unha serie de cambios no funcionamento da Biblioteca que
afectarán ao préstamo e a outros servizos dos que iremos informándovos en
breve.
Co novo
carné único poderedes recibir os seguintes servizos:
- Levar en préstamo materiais de calquera das
bibliotecas integradas na Rede
de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- Levar máis materiais e por máis tempo (os prazos de préstamo varían segundo o
tipo de materiais).
- Facer máis xestións por internet: ademais da solicitude de Alta, podes
reservar exemplares, renovar os materiais emprestados e moitas máis.
- Saber en que bibliotecas está dispoñible o material que buscas (consultado
o catálogo único).
Para elo será imprescindible presentar o novo carné cando queirades
levar calquera material da nosa Biblioteca ou dalgunha das bibliotecas da Rede.
Ademais para ofrecervos un mellor servizo, ampliamos o horario de apertura partir do día 2 DE MAIO que quedará
da seguinte forma:
O voso número
de usuario será o que vos asigne
programa informático ao darvos de Alta na Rede (habitualmente coincide coa numeración do voso DNI sen a letra); e o voso contrasinal asinámoscho nós nun
principio pero podedes cambialo cando queirades entrando na páxina web do catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Co voso número
de usuario e contrasinal,
poderedes utilizar gratuitamente o Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de
Galicia accedendo á paxina web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/. Tamén poderedes utilizar a plataforma GaliciaLe de préstamo en liña de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
En GaliciaLe
atoparedes dous catálogos: o Catálogo galego, composto
principalmente por libros e audiovisuais en galego, e eBiblioGalicia, cunha ampla
selección de libros, revistas e audiolibros. As obras incluídas nestas dúas
contornas poderanse ler e visionar en dispositivos compatibles en función do
seu formato: lectores de libro electrónico, tabletas, teléfonos móbiles e
ordenadores persoais.
Para
utilizar a plataforma dixital GaliciaLe podedes
facelo desde o enlace a este servizo
da páxina web da Rede de Bibliotecas
Públicas de Galicia:
https://rbgalicia.xunta.gal/gl/galiciale
Tamén poderedes facelo desde o voso móbil baixando as App da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
e eBiblio
que podedes descargar desde Google Play
ou desde App Store. Para utilizalas,
unha vez descargadas, seguide os pasos para entrar co voso mesmo número de usuario e contrasinal que tedes na Rede.
Para
ampliar esta información ou para calquera outra aclaración non dubidedes en contactar connosco a través do teléfono
da biblioteca 986 497 273; do correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org ou persoalmente visitando a
biblioteca no horario de apertura. O persoal da biblioteca estaremos encantados de
facilitarvos toda a información que solicitedes e axudarvos cos trámites que
necesitedes.
Por
último recordar que todos os servizos que ofrece a Biblioteca son totalmente
gratuítos e non terán ningún custo para vos.
Pois xa sabedes achegarvos pola Biblioteca para coñecer todas as novidades e o poder do Novo Carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA