NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 25 de xullo de 2013

Un gato na árbore - LITERATURA INFANTIL

Un gato na árbore
Texto de Pablo Albo
Ilustracións de Géraldine Alibeu
Tradución do castelán Sara Monda 
OQO Editora, febreiro 2008

+ de 4 anos

Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo; pero a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non soporta tanto peso…

O conto desenvólvese en escenarios cotiáns, onde realidade e fantasía se mesturan. Mais o autor dálle unha fasquía de credibilidade a todos estes sucesos que de primeiro poderían parecer inverosímiles. Ao cabo, todo se resolve grazas á intervención da natureza que, de maneira sinxela e natural, reconduce a historia cara a un final feliz.

Un conto con moito humor que emprega os recursos esenciais da oralidade. Apréciase o oficio do autor, contacontos, que olla os pequenos detalles da vida, ao tempo que esperta a curiosidade pola lectura e pola experiencia literaria.

A historia presenta recursos acumulativos usados de forma lúdica e moi expresiva, e ofrece posibilidades para a dramatización e a experimentación co feito literario.

O narrador tamén lle fai chiscadelas ao lector e dálle información que, en chave cómica, axuda a comprender o relato. Á parte, estas chamadas introducen pausas, nunha historia estimulante e atractiva que se desenvolve a un ritmo trepidante.

A ilustradora francesa Géraldine Alibeu amosa unha orixinal e eficaz maneira de tratar a horizontalidade e a verticalidade dos espazos, tirando todo o proveito posible á dobre páxina do álbum. Presenta os fondos planos, con moi poucos elementos co fin de concentrar a atención sobre os personaxes e o que a eles lles acontece. Géraldine Alibeu combina no seu traballo a pintura e colaxe e xoga cunha paleta de cores moi matizada, afastada das cores primarias.

978-84-9871-025-0
40 páxs.
Cartoné
25 x 23 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger