NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 22 de xullo de 2013

A historia de Erika - LITERATURA INFANTIL


A historia de Erika
Ruth Vander Zee (texto)

Roberto Innocenti (ilustración)
Xosé Manuel González Barreiro (traducción)

Idade recomendada: dende 10 anos 

Transcorreron seis décadas dende a liberación dos campos de exterminio nazis, e Erika cóntanos a súa historia para lembrarnos que a mellor maneira de que non se repita é manter viva a memoria. 

“Nacín en 1944. Non sei o día. Non sei que no me me puxeron. No sei en que cidade nin en que país vin ao mundo. Tampouco sei se tiven irmáns. O que sei é que cando a penascontaba cuns meses salváronme do Holocausto...”.

Historia estremecedora e impactante a de Erika, unha muller marcada polo seu pasado. A súa memoria imborrable é a dunha supervivente do maior xenocidio cometido no século XX, coa que KALANDRAKA agarda concienciar aos novos lectores de que nunca máis se repita tal traxedia, máis de 60 anos despois da liberación do campo de exterminio de Auschwitz. 

Destaca da portada un troquelado con forma de estrela de seis puntas, símbolo xudeu que os prisioneiros levaban prendidona roupa. De feito, a estrela de David é un emblema que acompaña os lectores dende o principio ao final do libro. “No seu camiño cara á morte, a miña nai lanzume á vida”, escribiría Ruth Vander Zee evocando as palabras de Erika, á que coñeceu casualmente en Rothenburgo. 

Frases curtas, contundentes e evocadoras dan conta do drama que afectou a seis millóns de persoas entre 1933 e 1945. Erika faise constantes preguntas sobre as condicións de vida da súa familia durante a reclusión no gueto e os últimos momentos que pasou en brazos dos seus pais no tren hacinado que os levaba a algún lugar de Alemaña para sufrir tortura: Mauthausen, Dachau... 

As ilustracións de Innocenti reforzan os profundos sentimentos que a autora transmite co texto. O seu estilo é absolutamente realista, como fotogramas dunha película: colorea cunha paleta de grises as imaxes evocadoras da historia e reserva o color para escenas puntuais, combinando o pasado co presente. 

Temática:
Historia dunha supervivente do exterminio xudeu na Alemaña nazi. 

Aspectos destacables:
A guerra, a memoria, a historia, os Dereitos Humanos; ilustracións hiperrealistas; o valor simbólico da cor; do ilustrador de “As aventuras de Pinocho” e “A casa”. 

Premios y otras menciones
Libro destacado (Alemania) - 2004
Plan Nacional de Lectura (PNL Portugal) 

32 Páx. 
25,5 x 24,5 cm. 
ISBN: 978-84-8464-520-7 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger