NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 26 de xullo de 2013

Mister corvo - LITERATURA INFANTIL

Mister Corvo
Texto de Luisa Morandeira, a partir dun conto popular turco
Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello 
OQO Editora, febreiro 2006

+ de 4 anos

Un pastor gaña a gratitude dun vello corvo, cando lle arrinca unha espiña da pata. Tras este xesto, a ave, axudarao a conseguir os seus soños, a través dunha serie de trocos, que a partir da espiña serán a liña condutora da narración. Pola espiña, unha candea; pola candea, unha vaca; pola vaca, unha moza; pola moza… UNHA FRAUTA!

Luisa Morandeira adapta este conto orixinal turco, a partir do esquema de fórmula común, que aparece en Europa. Segundo os lugares, podemos atopar series de obxectos diferentes, e por veces, con máis elementos (rabo, navalla, sardiña, fariña, nena, guitarra), pero en todas as versións, aparece un animal como protagonista (gato, mono, raposo).

Nesta adaptación libre, pese a que a autora enriquece a trama con elementos tirados da tradición de Oriente Medio, mantén o final propio das versións europeas e conclúe cunha canción que recompila a fórmula dos trocos, interpretada polo protagonista coa frauta, o último obxecto obtido do troco. Non sucede o mesmo con outros exemplos, como O rabo do gato recollido en Portugal por Adolfo Coelho, en que esta secuencia se perdeu. O punto de partida, tamén diferente ao do folclore europeo, neste caso podémolo relacionar co mito de Androcles e o león: Androcles arríncalle á fera unha espiña cravada na súa pata, e o león, agradecido, premia o home.

O simbolismo do corvo está cheo de contradicións nas diferentes manifestacións culturais. Paxaro de mal agoiro para algúns, desenvolve un papel esencial para outros pobos, que o consideran un símbolo de gratitude, anunciador de triunfos, protector, mago, adiviño, mensaxeiro celeste… Asóciase igualmente á soidade, ao illamento voluntario e á perspicacia (no Xénese, será o que verifique, após o diluvio universal, se a terra volve ser un lugar habitable).

Maurizio A. C. Quarello reflicte todas estas connotacións, derivadas en parte das características físicas do animal, e con magníficos trazos, outórgalle unha forza simbólica que para ningún lector pasará inadvertida.

Por medio dunha gama de cores cálidas, que van desde os ocres aos vermellos, crea unha atmosfera alegre, mais intencionadamente irónica. Tamén, xoga coas paisaxes e morfoloxías que remiten aos ambientes de onde procede o texto (Turquía), e unha vez máis, como xa é habitual nel, presume de sombras maxistralmente usadas, de composicións arriscadas, e manexa os planos como se dun traballo cinematográfico se tratase.

84-96573-27-3
40 páxs.
Cartoné
25 x 23 cm

Disfruta do video do conto en Portugués


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger