Sabías que nos corredores de Ikea acontecen cousas marabillosas e máxicas? Que si atopas un cadro, unha cadeira, unha boneca de trapo ou un adhesivo... poden cobrar vida? Iso foi o que lle pasou a Daniela. Unha nena que atopou a alguén especial neses corredores có que compartirá unha gran aventura...Daniela é unha nena de cinco anos e medio con cancro que pasa longas tempadas no hospital, pero que cando pode irse a casa de vacacións unha das cousas que mais gústalle é ir a Ikea. E será precisamente nese centro comercial onde lle atope a el, a Klad, un papagaio adhesivo que moi pronto deixará de selo...
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
NOTA INFORMATIVA
mércores, 3 de abril de 2024
Contacontos e presentación do libro infantil "KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO" con Genma Pardo "GEMOLA" - DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
martes, 2 de abril de 2024
"APRENDO CON LEO. LEO E AS CORES" con Yolanda Rodríguez de TRÉMOLA TEATRO - Conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
A partir dunha colección de contacontos aprenderemos un montón de cousas con Leo, o león máis curioso de toda a selva.Un día, unha choiva de pompas quítalle ao Elefante Ante e a Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda de devolverlle as cores aos seus amiguiños?
domingo, 31 de marzo de 2024
ACTIVIDADES EDUCATIVO-CULTURAIS E DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO MES DE ABRIL DE 2024

A partir dunha colección de contacontos aprenderemos un montón de cousas con Leo, o león máis curioso de toda a selva.Un día, unha choiva de pompas quítalle ao Elefante Ante e a Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda de devolverlle as cores aos seus amiguiños?
Sabías que nos corredores de Ikea acontecen cousas marabillosas e máxicas? Que si atopas un cadro, unha cadeira, unha boneca de trapo ou un adhesivo... poden cobrar vida? Iso foi o que lle pasou a Daniela. Unha nena que atopou a alguén especial neses corredores có que compartirá unha gran aventura...Daniela é unha nena de cinco anos e medio con cancro que pasa longas tempadas no hospital, pero que cando pode irse a casa de vacacións unha das cousas que mais gústalle é ir a Ikea. E será precisamente nese centro comercial onde lle atope a el, a Klad, un papagaio adhesivo que moi pronto deixará de selo...
Elisa, unha nena que quería ser a máis lista do mundo, e sabía que a resposta estaba nos libros!
Pero... en vez de lelos, comíaos.A ver se coa vosa axuda conseguimos que Elisa convértase na persoa máis lista do mundo.
Vide escoitar "Raposadas" para coñecer a nosa tradición oral, para que perdure e non se perda. Contos, ditos, adiviñas que xa moitos de nós coñecemos da nosa nenez e agora as nosas crianzas escoitan pela primeira vez. Unha maneira divertida de estreitar lazos para levar a cabo a transmisión interxeracional da lingua galega. A lingua de cada pobo é un tesouro que hai que sementar e coidar.A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira.Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase a aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo.Xa se pon o sol, a raposa ten que marchar para despedirse dela todos póñense a danzar.Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos. Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha forma de vida fomentando o respecto pola natureza. Axudan a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2024
Sobre as alas, os contos viaxan.
Desexando sentir o latexo do teu corazón.
Animádevos
a conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, participando en
calquera das actividades que se realizan en bibliotecas, escolas e outras
institucións do país e, sobre todo, animando aos mais novos a que lean polo
menos 20 minutos cada día.
luns, 11 de marzo de 2024
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA E DE SENSIBILIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2024 - DIA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS
Continuamos
coas actividades de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da
lingua galega deste ano 2024 coa actuación o mércores día 13 de marzo nas instalacións do CPI “Curros Enríquez”
de Pazos con “O MAGO PACO” que nos traerá do seu proxecto
educativo Matemáticas para Ilusionar o espectáculo “MATEMAXIA” no
que participará o alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Con esta actividade desde a Biblioteca
Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén queremos conmemorar o Dia Internacional das Matemáticas que
se celebra en todo o mundo todos os 14
de marzo de cada ano desde que a 40ª Conferencia Xeneral da UNESCO
proclamara este día a través da Resolución 30 do 26 de novembro de 2019 a
proposta da Unión Matemática Internacional.
Para a UNESCO a celebración do Día Internacional das Matemáticas é
unha data oportuna para promover maior cooperación dos organismos e gobernos a
nivel internacional para desenrolar programas e actividades que realcen a
ensinanza das ciencias matemáticas.
A celebración deste día será a
oportunidade perfecta para lograr os obxectivos do chamado programa “A
Ciencia para a Paz e o Desenrolo Sostible”.
O papel desempeñado pola UNESCO para levar a cabo a celebración
desta importante data foi decisivo e o seu principal obxectivo, é fortalecer a
nivel mundial todas as áreas científicas e tecnolóxicas para que, a través
delas, se chegue ao desenrolo sostible, así como á tan anhelada paz que
buscamos todos os seres humanos.
Por outra parte, conmemorar o Día
Internacional das Matemáticas, axudará
a destacar o papel das mulleres científicas que se preparan como matemáticas a
nivel mundial e con elo, a visibilizar o traballo de moitas delas, que
desempeñaron un papel importante no pasado, como foi o caso de Sophie
Germán ou Mary Winston, entre moitas outras.
Así mesmo, no mundo
tecnolóxico de hoxe, as matemáticas cobran maior importancia, xa que están
vinculadas a todos os avances informáticos dos que se beneficia a humanidade
para desenrolarse en todos os campos e áreas da vida. Sobre todo, para as novas
xeracións que están por vir.
“MATEMAXIA” é un espectáculo no que O MAGO PACO mestura dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, que “a priori” podemos pensar que non teñen nada en común e ata parecen contrapostas, pero nada máis lonxe da realidade e a través desta actividade O MAGO PACO demostrará o moito que teñen en común e o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida.
Coa axuda deste mago un tanto tolo e fascinado polas mates, as nenas e nenos participantes conseguirán atopar e sentir moi de preto a maxia que existe dentro dos números, das operacións, da xeometría, da estatística, etc. Descubrindo algúns dos porqués da maxia coa axuda de explicacións matemáticas, demostrando que esta disciplina, as veces tan pouco motivadora para os alumnos e alumnas, está chea de sorpresas que descoñecemos e que a converten nunha materia fascinante.
Un espectáculo adaptado ao currículo educativo que trata diversos contidos do mesmo dunha forma práctica, dinámica e moi entretida, interactuando constantemente cos rapaces e rapazas, facéndoos participes, cómplices e protagonistas de cada experiencia ou momento fantástico. Todo isto fai dela unha actividade idónea para levar a cabo nos centros escolares.
Os obxectivos desta actividade son os seguintes:
XERAIS
- •Promover actividades lúdico-educativas como complemento ó curríulo escolar.
- •Fomentar a participación social en actividades lúdico–culturais das nenas e dos nenos, así como de toda a comunidade.
- •Estimular o desenrolo de actitudes e aptitudes coma a imaxinación, a creatividade, a cooperación e a confianza.
- •Favorecer a coeducación mediante os cambios de roles prefixados na nosa sociedade.
- •Potenciar valores solidarios, tolerantes, de respecto sobre todo o que lles rodea.
- •Mostrar a importancia da aprendizaxe a través do xogo.
ESPECÍFICOS
- •Crear un ambiente de distensión gardando o respecto ás instalacións do colexio, ós compañeiros e compañeiras, ó material a empregar e os actores.
- •Potenciar actividades importantes para o desenvolvemento integral dos e das menores, como: a psicomotricidade fina, as matemáticas, a física, etc.
- •Realizar actividades con temáticas transversais como: a educación para a saúde, a educación intercultural, a educación medioambiental, etc.
- •Lograr unha aprendizaxe mais completa dos contidos tratados a través dunha metodoloxía práctica e dinámica.
O proxecto deste espectáculo contén diferentes contidos incluídos no currículo escolar de primaria e, entre outros, se tratarán os seguintes:
OPERACIÓNS COMBINADAS
- Sumas
- Restas.
- Multiplicacións
- Cálculo mental
FIGURAS IMPOSIBLES
- Cinta de Moebius
- Características
- Utilización práctica da figura
SISTEMAS NUMÉRICOS
- Sistema decimal.
- Sistema Binario.
ÁREAS XEOMÉTRICAS
- Fórmulas
- Visualización práctica
PROPIEDADES NUMÉRICAS
- Propiedades do número 9
SERIES E SECUENCIAS
- ¿Qué son?
- Como formar un orden desordenado
- Visualización e práctica
Realizarase en dúas sesións de, aproximadamente, 50 minutos cada unha delas; a primeira ás 11:00 horas, e a segunda a partir das 13:00 horas.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
venres, 23 de febreiro de 2024
Con "HISTORIAS SOÑADAS" de TRÉMOLA TEATRO continuamos conmemorando en Pazos de Borbén o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO

mércores, 21 de febreiro de 2024
"CONTOS NUNHA RODA. ROSALIA" - Un espectáculo de "TARABELOS" para celebrar o "DÍA DE ROSALÍA" en Pazos de Borbén

23 de Febreiro de 2024 - Conmemoración do 187 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO

martes, 20 de febreiro de 2024
23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - CONMEMORACIÓN DO ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO
Este mes de Febreiro conmemoramos outro ano máis o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, que xa vai polo nº 187.![]() |
| Unidade didáctica Infantil e Primaria en formato PDF |
![]() |
| Cartel en formato PDF |

















