NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 6 de xuño de 2020

A VACA QUE PUXO UN OVO


A VACA QUE PUXO UN OVO
Autor: Andy Cutbill
Ilustrador: Russell Ayto
Edita: Patasdepeixe Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

A vaca Marjorie non se sente moi especial. Non pode ir en bicicleta ou facer pinchacarneiros como as outras vacas. Pero unha mañá, Marjorie queda pampa ao decatarse de algo extraordinario...

PUXERA UN OVO!

Pero perténcelle realmente a Marjorie o pequeno que está dentro do ovo?

Todos están dos nervios na eira mentres esperan descubrir...

ISBN: 978-84-936842-3-5
Nº de páxinas: 30
Encadernación: Tapa dura
Formato: 26,5 x 27 cm

venres, 5 de xuño de 2020

O PAXARO


O PAXARO
Autor: Monste Ganges
Ilustradora: Anna Clariana
Edita: Combel Editorial, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

Neste libro os mais pequenos van coñecer a eses animais que chían e pitan nas árbores, nos parques e nas gaiolas.

ISBN: 978-84-9825-699-4
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm

xoves, 4 de xuño de 2020

A RAPOSA NO GALIÑEIRO


A RAPOSA NO GALIÑEIRO
Autor: Antonio Reigosa
Ilustradora: Noemí López
Edita: Deputación Provincial de Lugo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A raposa Afonsa ten moita fame. Un día de mañá cedo decide entrar no galiñeiro no que viven o galo Quirico e as galiñas Pitachoca, Pitacoxa e Pitalercha.

¡Vaia susto! Menos mal que un pintor moi oportuno vai amañar o asunto.

ISBN: 978-84-8129-275-7
Nº de páxinas: 30
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 20 x 20 cm

mércores, 3 de xuño de 2020

A GALIÑA


A GALIÑA
Autor: Montse Ganges
Ilustradora: Mercè Canals
Edita: Combel Editorial, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +4 anos

Neste libro os máis pequenos aprenderán sobre as aves típicas dos currais: as galiñas.

ISBN: 978-84-9825-703-8
Nº de páxina: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm

martes, 2 de xuño de 2020

PETANDO NAS PORTAS DE DYLAN


PETANDO NAS PORTAS DE DYLAN
Autor: Antonio García Teijeiro
Ilustrador: Xosé Cobas
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +12 anos

Petando nas portas dos sentimentos. Petando cos versos na vida, abríndoa, facendo que as palabras canten. Como cantan os poemas de Bob, pero doutro xeito.

Como soa o corazón...

Como asubía o vento e brúa o mar...

Velaquí un libro no que poesía, vida e ti vos daredes a man.

ISBN: 978-84-7154-012-6
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

luns, 1 de xuño de 2020

A OVELLA


A OVELLA
Autor: Montse Ganges
Ilustradora: Mercè Canals
Edita: Combel Editorial, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +4 anos

Neste libro os mais pequenos aprenderán sobre uns animais típicos nas granxas dos entornos rurales.

ISBN: 978-84-9825-704-5
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm

domingo, 31 de maio de 2020

O LOBO DE AREA


O LOBO DE AREA
Autor: Asa Lind
Ilustradora: María Elina
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Zackarina baixou para praia. No extremo do con estaba o Lobo de Area mantendo unha conversa coas ondas.

Moitas nenas e nenos identificaranse con Zackarina. Moitos pais e nais veranse tamén reflectidos. Na súa ausencia, o Lobo de Area resposta ás inquedanzas que os adultos non atenden.

ISBN: 978-84-8464-477-4
Nº de páxinas: 106
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 24 cm

sábado, 30 de maio de 2020

A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA


A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA
Autor: Asociación BATA
Ilustrador: Marc Taeger
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Este libro conta a historia de Carapuchiña Vermella, unha nena que vai a visitar a súa avoa polo camiño do bosque. Mais un lobo malvado a quere comer. Qué pasará?

Rescatada do folclore francés, esta versión de Carapuchiña xa é accesible con pictogramas para que a frescura e a sabedoría dos contos da avoa chegue con toda a súa esencia ás persoas con necesidades de apoio educativo.

ISBN: 978-84-8464-480-4
Nº de páxinas: 26
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 22,5

venres, 29 de maio de 2020

PIPPI MEDIASLONGAS EMBARCA


PIPPI MEDIASLONGAS EMBARCA
Autor: Astrid Lindgren
Ilustradora: Ingrid Vang Nyma
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Pippi fechou coidadosamente a porta de Vilapenela e pendurou a chave nun gancho. Logo levantou o cabalo en peso e baixouno da solaina por derradeira vez. O señor Nilsson xa estaba no seu ombro con aire de seriedade.

Parecía saber que estaba a pasar algo especial. En verdade, ía ser algo moi especial.

ISBN: 978-84-8464-423-1
Nº de páxinas: 123
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 24 cm

xoves, 28 de maio de 2020

CÁNDIDO E OS DEMAIS


CÁNDIDO E OS DEMAIS
Autor: Fran Pintadera
Ilustrador: Christian Inaraja
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

XI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO 2018

Cándido non é como os demais. Cándido é especial. As veces síntese incomprendido. As veces síntese invisible. Pero tamén gústanlle cousas que lles gustan os demais.

A diferenza e a diversidade, a través das vivencias dun personaxe sensible, distinto; ou non tanto. Todo depende da mirada: a propia cara aos demais, e a allea cara a un mesmo.

ISBN: 978-84-8464-420-0
Nº de páxinas: 41
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 30 cm

mércores, 27 de maio de 2020

PIPPI MEDIASLONGAS


PIPPI MEDIASLONGAS
Autor: Astrid Lindgren
Ilustradora: Ingrid Vang Nyman
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +6 anos

No cabo da vila, alí onde as rúas se transforman en camiños e comezan os prados, hai unha casa con xardín e solaina.

Nela vive unha nena que non ten máis compañía ca un cabalo e un macaco, o señor Nilsson. Chámanlle Pippi Mediaslongas e é a nena máis valente e divertida do mundo.

Así o pensan os seus amigos, Tommy e Annika, porque, dende que chegou a nova veciña, as súas vidas mudaron para sempre.

ISBN: 978-84-8464-339-5
Nº de páxinas: 125
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 24 cm

martes, 26 de maio de 2020

A ÁRBORE


A ÁRBORE
Autor: Petra Bartíková
Ilustradora: Magdalena Takácová
Traductora: María Reimóndez
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As polas abanean e fregan a unhas contra as outras mentres que, nalgún lugar por debaixo delas, na fenda enorme chea de larvas de vacaloura, alguén peta no tronco da árbore.

A araña, que pende dun fío, acaba de tecer outra arañeira. E o cuco canta no seu niño: cu-cu! Así pasa a vida cada día nunha árbore. un carballo é coma unha casa, con moitos animais, pequenos e grandes, vivindo nela. Pode que xa coñezas a algún.

Pero se entras neste libro poderás coñecer máis e visitar un carballo centenario...

ISBN: 978-84-9995-289-5
Nº de páxinas: 15
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23

luns, 25 de maio de 2020

INVENTARIO ILUSTRADO DE FROITAS E VERDURAS


INVENTARIO ILUSTRADO DE FROITAS E VERDURAS
Autor: Virginie Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ciencias Puras - Botánica

Idade recomendada: +6 anos

Un rico inventario para alentar a curiosidade e o abraio de grandes e cativos, con explicacións e descricións.

Un cento de plantas comestibles reunidas nun fermoso catálogo vexetal para pór en valor a biodiversidade, a sostibilidade e a alimentación saudable.

Entre os froitos, descubriremos as drupas (que teñen carabuña), as bagas (sen carabuña, pero con unha ou máis pebidas), os froitos con casca (como as noces), os cítricos...

Entre as hortalizas, veremos os legumes, as herbáceas e os tubérculos.

Presentaremos algúns alimentos de orixe vexetal máis elaborados...

ISBN: 978-84-16721-41-2
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30,5 cm

domingo, 24 de maio de 2020

O FORMIGUEIRO


O FORMIGUEIRO
Autor: Petra Bartíková
Ilustradora: Magdalena Takácová
Traductora: María Reimóndez
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

Imaxina que es unha formiga e pasa un día no formigueiro. Como sería?

Na primavera deitaríaste no cumio para quencer o corpo e logo levar a calor ás cámaras e galerías do formigueiro. Subirías e baixarías árbores buscando comida, recollerías pulgóns.

Ti e as túas amigas pasariádelo de medo chuchándolles o zume doce que soltan.

Pero abonda de falar, que tal se te preparas e entras con nós no formigueiro?

ISBN: 978-84-9995-291-8
Nº de páxinas: 15
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23 cm

sábado, 23 de maio de 2020

A COLMEA


A COLMEA
Autor: Petra Bartíková
Ilustrador: Martin Sojdr
Traductora: María Reimóndez
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

Imaxina que es unha abella e pasas un día na colmea. Como sería?

Na primaveira voarías de flor e flor recollendo pole que logo as túas amigas da colmea transformarían en doce mel.

Durante as túas viaxes para recoller pole, beberías delicioso nectar con sabor a limoada.

Terías que ir de campo porque as abellas non teñen baño na colmea.

E se tes sorte, ata podes aprender a facer mel. A que é apetecible?

Pois ven que te levamos a dentro da colmea!

ISBN: 978-84-9995-290-1
Nº de páxinas: 15
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23 cm

venres, 22 de maio de 2020

QUEN É ESE BECHO?


QUEN É ESE BECHO?
Autor: Carmen Queralt
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Neste libro descubrirás quen é o maior becho de todos os bechos existentes. 

Anímaste a descubrilo?

ISBN: 978-84-8464-397-5
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 22 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger