NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 16 de maio de 2020

CONTOS PARA IR DURMIR


CONTOS PARA IR DURMIR
Autor: Roi Méndez
Ilustrador: Joaquín París
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Hai contos que se contan para durmir pero, sobre todo, para ir soñar. Historias que veñen cheas de aventuras, de personaxes inesquecibles, de paisaxes, nunca mellor dito, de ensoño. Neste libro, Roi Méndez sorpréndenos cun monllo de historias que, ao, xeito das vellas fábulas, van deixarnos a mente contenta e o corazón preparado para recibir máis e máis contos... Ata que nos dea sono...

ISBN: 978-84-9865-414-1
Nº de páxinas: 53
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

venres, 15 de maio de 2020

A CASA DO PARALELO 54


A CASA DO PARALELO 54
Autor: Iria Collazo López
Ilustradora: Luz Beloso
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Esta é unha historia onde a imaxinación non ten límites, onde as cousas máis raras suceden coma se fosen normais.

Achégate a esta casa chea de seres inesperados, como sacados dun soño con moita febre.

Entra nos seus cuartos. O que hai dentro está cheo de sorpresas...

ISBN: 978-84-9151-299-8
Nº de páxinas: 206
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

xoves, 14 de maio de 2020

RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Este próximo domingo día 17 de maio volve a celebrarse o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2020 o autor homenaxeado é RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO


Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego. Unha traxectoria tan rica e intensa non é doada de resumir nos límites dunha aproximación necesariamente sintética coma a presente, polo que quedarán fóra aspectos merecentes de atención e matices de relevo. Ao final desta achega ofrecerase unha bibliografía selectiva, ordenada por xéneros e, dentro de cada apartado, por secuencia cronolóxica.

Para saber máis da biografía do autor, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO, autor homenaxeado este ano 2020 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña: 



-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.


-Web Primavera das Letras da Real Academia Galega con materiais para colorear para os nenos e nenas de menor idade, contidos descargables –tamén con ilustracións orixinais– sobre a vida, a obra de creación literaria de Carvalho Calero ou o seu labor como filólogo son parte dunha oferta que se completa con propostas interactivas centradas na súa paixón polo teatro e a ópera, a súa poesía ou espazos vitais do autor como Ferrol e Lugo.


-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.


-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, un libro dos Bolechas sobre o autor que podedes descargar gratuitamente, videos, etc.


-Web Carvalho2020.gal, un proxecto da Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Deputación da Coruña. Unha web moi completa sobre Ricardo Carvalho Calero, coa vida e a obra de Carvalho Calero, recursos didácticos sobre a sua figura, asi como os eventos e a actualidade deste ano coa finalidade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa, en especial entre o profesorado de galego e de portugués de todos os niveis do ensino público non universitario.




Fontes: Real Academia Galega - Seminario Galán - Associaçom Galega da Língua (AGAL) - Secretaría Xeral de Política Lingüística


IRMÁNS!


IRMÁNS!
Autora e ilustradora: Rocio Bonilla Raya
Edita: Algar Editorial

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Estes dous irmáns levanse a matar, mais non precisan grandes cambios para tamén levarse ben.

¿Qué farían o un sen o outro?

ISBN: 978-84-9142-149-8
Nº de páxinas: 42
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 27 cm

mércores, 13 de maio de 2020

OS PELOTEIROS


OS PELOTEIROS
Autor: Patricia Mallo
Ilustrador: Dani Padrón
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Coido que estás a preguntarte que son Os Peloteiros.

Os Peloteiros Fútbol Club poderíanse definir como o peor club da historia dos clubs de fútbol, sendo ben optimistas. 

Esta agrupación, formada por sete rapaces moi diferentes, foi protagonista dun suceso acontecido o pasado verán...

ISBN: 978-84-9151-344-5
Nº de páxinas: 182
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

martes, 12 de maio de 2020

O DRAGÓN ANTÓN E O SAPO ROSENDO

O DRAGÓN ANTÓN E O SAPO ROSENDO
Autor: Rosalía Morlán Vieites
Ilustrador: Gabriel Iglesias
Edita: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Libro infantil no que, a través de poesías-conto, conto-poesía, descubrimos ao dragón Antón e o sapo Rosendo, que viven dende hai séculos no Castelo de Rocha Forte.

Unha noite de verán deciden fuxir para ver a vida fóra do castelo, atopar a risa, a casa do vento e a fada dos caramelos. Xuntos, vivirán grandes aventuras, coñecerán amigos e descubrirán lugares máxicos por toda Galicia.

ISBN: 978-84-17094-53-9
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 22,5 cm

luns, 11 de maio de 2020

A GOTIÑA VIAXEIRA


A GOTIÑA VIAXEIRA
Autor: Toño Núñez
Ilustrador: Miguel Anxo Macía
Edita: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

O mar... O mar é inmenso... E fermoso... E, por veces, perigoso...

Gústanche os golfiños? E as estrelas e os cabaliños de mar? E as buguinas? Gústanche as cunchas? Os peixes e as gaviotas... Os barcos, a praia... As furnas... Os cantís... Gústache o mar?

Alí, nese fermoso lugar que é o mar, vive Plis, unha gotiña nena... Unha pinguiña de auga... Lizgaira... Bulideira e cantareira que quere ser a túa amiga

ISBN: 978-84-17094-46-1
Nº de páxinas: 29
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 22,5

domingo, 10 de maio de 2020

COIDADO COA CHARCA!


COIDADO COA CHARCA!
Autor: José Carlos Román
Ilustrador: Emilio Urberuaga
Edita: Editorial Bululú, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Un, dous, tres... Plof! Que ocorreu na charca?

Unha mosca vai voando pensando nas súas cousas cando escoita unha chamada de socorro.

ISBN: 978-84-949549-3-1
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 21,5 cm

sábado, 9 de maio de 2020

BOA NOITE, SONO


BOA NOITE, SONO
Autor: Anne Crahay
Edita: Grupo Editorial Luis Vives - Tambre

Xénero: Literatura Infantil en Castellano - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Este libro propón catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que funcionan como pequenos rituais para prender no sono.

Cada exercicio consta de dúas partes:

-Unha introducción explicativa e práctica dirixida aos pais.

-Un texto ilustrado que detalla as sensación do exercicio, para ler cos nenos.

ISBN: 978-84-9046-329-1
Nº de páxinas: 43
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 23 cm

venres, 8 de maio de 2020

NATURIZO, UN CHEIRO PICANTE


NATURIZO, UN CHEIRO PICANTE
Autor: Alba de Evan
Ilustrador: Javier Domínguez
Edita: Ediciones Linteo, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

É un tranquilo día de verán e Naturizo descansa cando un cheiro picante invade o seu fociño. Todo está a piques de cambiar para sempre...

Descúbreo!

ISBN: 978-84-945800-5-5
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

xoves, 7 de maio de 2020

O CAN


O CAN
Autor: Monste Ganges
Ilustradora: Anna Clariana
Edita: Combel Editorial, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

Este libro axudará aos pequenos a distinguir os cans de diferentes tamaños.

ISBN: 978-84-9825-697-0
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm

mércores, 6 de maio de 2020

INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE


INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE
Autor: Álex Mene
Ilustrador: Ana Boquete
Edita: Editorial Bululú, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

"O meu nome é Indómita. Teño case trece anos e medio e estou escribindo este diario para deixar constancia das cousas que acontecen por aquí. Eu son a exploradora desta aldea sen nome."

Indómita está disposta a arriscar a vida para salvar a súa aldea, un lugar especial que mesmo podería non existir, pois até o de agora ninguén logrou entrar nin saír dela. A rapaza deberá abandonala e baixar os seus escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos males que a asolan.

O diario de Indómita, cheo de referencias a grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil, supón unha viaxe única, a inmersión nun lugar repleto de misterios, con personaxes tan extravagantes como divertidos.

ISBN: 978-84-945494-9-6
Nº de páxinas: 83
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

martes, 5 de maio de 2020

NATURIZO, UN FOGAR PARA MARMELO


NATURIZO, UN FOGAR PARA MARMELO
Autor: Alba de Evan
Ilustrador: Javier Domínguez
Edita: Ediciones Linteo, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

O canciño Marmelo aparece na serra un día de sol de outono. Treme de frío e estraña o seu fogar. Naturizo axudarao a atopar un novo.

Conseguirano?

ISBN: 978-84-947728-7-0
Nº de páxinas: 16
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

luns, 4 de maio de 2020

LOS ESCRIBIDORES DE CARTAS


LOS ESCRIBIDORES DE CARTAS
Autor: Beatriz Osés García
Ilustrador: Kike Ibáñez
Edita: Ediciones SM

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad recomendada: +8 años

El río, o la culebra, cruza el pequeño pueblo de Noaberri. Federico, el cartero, está a punto de perder su empleo. Iria, su nieta, tiene un plan para salvarlo. Pero don Isidoro, el alcalde, odia el río y también a Federico.

Mientras las cartas se están muriendo, todos ellos guardan un secreto... ¿Adivinas cuál?

ISBN: 978-84-9182-671-2
Nº de páginas: 117
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 24,5

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger