NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 17 de decembro de 2020

"OBRADOIRO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA TOPONÍMICA DE PAZOS DE BORBÉN" - Actividades Decembro 2020

O luns 21 de decembro nas instalacións da aula informática do CPI "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén de 15:00 a 17:00 horas e dirixido aos alumnos de 4º da ESO un "OBRADOIRO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA TOPONÍMICA DE PAZOS DE BORBÉN" que será levado a cabo por Vicente Feijoo Ares coordinador técnico do proxecto GALICIA NOMEADA.

O obradoiro realizarase en dúas sesións dunha hora cada unha. Na primeira sesión explicarase ao alumnado a importancia que ten recoller e salvagardar o patrimonio cultural inmaterial do Concello de Pazos de Borbén e cómo funciona a aplicación colaborativa GALICIA NOMEADA para a recolleita da súa microtoponimia e lendas.

A segunda sesión será práctica e consistirá -si o tempo o permite- nunha saída ao campo nos arredores do colexio para que o alumnado recolla microtopónimos a través dos seus móbiles e facendo enquisas a persoas maiores nativas da zona.

Este actividade complementa a que iniciamos no ano 2019 tamén no mes de decembro, "TOPONIMÍZATE! Falámosche dos nomes da túa terra. Descubre como participar na recuperación dos nosos topónimos" que fora patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e que consistira nunha charla-coloquio impartida tamén por Vicente Feijoo Ares á que asistiron persoal técnico do concello, membros de asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes, e escolares da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Para este evento non podemos convidar ao público en xeral a participar del debido aos protocolos da pandemia do COVID-19.

Pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger