NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 24 de febreiro de 2020

"A VIAXE DE ROSALÍA" con LARRAITZ URRUZOLA

Hoxe día 24 de febreiro é o DIA DE ROSALÍA DE CASTRO polo que vos convidamos a que aproveitedes este día para ler calquera das obras en prosa ou en poesia da autora, e tamén para agasallar con libros en galego e unha flor a todos aqueles do voso entorno que o teña merecido por calquera motivo.

En Bibliopazos iniciamos as actividades deste ano conmemorando o 183 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO cun espectáculo de técnica mixta de traballo de narración, interpretación e títeres "A VIAXE DE ROSALÍA" que será representado pola actriz LARRAITZ URRUZOLA.


Nesta viaxe, deseñada para todos os públicos, escrita e dirixida por Lucho Penabade, "Francisca do Campo, cóntanos a historia da súa querida afillada ROSALÍA DE CASTRO. Cargada de maletas, teas, zapatos e libros, compartirá con nós a traxectoria dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. Larraitz válese de monicreques de mesa de grande talla artística e das ferramentas da narración oral para que coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía e a súa obra literaria".

Terá lugar o 28 DE FEBREIRO ÁS 13:00  HORAS NO AUDITORIO DO CONCELLO e a él están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación  ASPAVI.

Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura e de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger