Hoxe día 24 de febreiro é o DIA DE ROSALÍA DE CASTRO polo que vos convidamos a que aproveitedes este día para ler calquera das obras en prosa ou en poesia da autora, e tamén para agasallar con libros en galego e unha flor a todos aqueles do voso entorno que o teña merecido por calquera motivo.
En Bibliopazos iniciamos as
actividades deste ano conmemorando o 183 aniversario
do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO cun
espectáculo de técnica mixta de traballo de narración, interpretación e títeres "A VIAXE DE ROSALÍA" que
será representado pola actriz LARRAITZ URRUZOLA.
Nesta viaxe, deseñada
para todos os públicos, escrita e dirixida por Lucho Penabade, "Francisca
do Campo, cóntanos a historia da súa querida afillada ROSALÍA DE CASTRO.
Cargada de maletas, teas, zapatos e libros, compartirá con nós a traxectoria
dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. Larraitz válese de monicreques
de mesa de grande talla artística e das ferramentas da narración oral para que
coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía e a súa obra
literaria".
Terá lugar o 28 DE FEBREIRO ÁS 13:00 HORAS NO AUDITORIO DO CONCELLO e
a él están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do
CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación
ASPAVI.
Esta actividade forma parte do programa de
animación á lectura e de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén -
BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.