NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 3 de marzo de 2019

"RAPAZAS DE CONTO" para celebrar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER


Continuando coa programación educativo-cultural de animación á lectura que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra temos preparado para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER a actividade "RAPAZAS DE CONTO" que levará a cabo a actriz, ilustradora e contadora MARISA IRIMIA e terá lugar na Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS o luns 11 de Marzo en dúas sesións.


Haberá unha primeira sesión ás 11:00 para os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os usuarios da Asociación ASPAVI; e outra segunda ás 13:00 horas na que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.


"RAPAZAS DE CONTO" é un espectáculo de narración oral para rapazas e rapaces onde o eixo principal consitúeno historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes, co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero; e todo iso mentres gozan da musicalidade e a maxia das palabras.

Atoparémonos con rapazas que capitanean perigosos barcos piratas..., rapazas que pilotan naves espaciais..., nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas.


Convidámosvos a participar nas actividades de BIBLIOPAZOS.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger