Continuando coa programación educativo-cultural de animación á lectura que patrocina a Deputación
Provincial de Pontevedra temos preparado para conmemorar o DÍA
INTERNACIONAL DA MULLER a actividade "RAPAZAS DE CONTO" que levará a cabo a actriz, ilustradora e contadora MARISA
IRIMIA e terá lugar na Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS o luns 11 de
Marzo en dúas sesións.
Haberá unha primeira sesión ás 11:00 para os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os usuarios da Asociación ASPAVI; e outra segunda ás 13:00 horas na que participarán os alumnos de 5º e 6º de
Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"RAPAZAS DE CONTO" é un espectáculo de narración
oral para rapazas e rapaces onde o eixo principal consitúeno historias onde as
rapazas desenvolven un papel activo, como base para unha aprendizaxe do respecto e
a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes,
co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha
convivencia sen discriminación por razón de xénero; e todo iso mentres
gozan da musicalidade e a maxia das palabras.
Atoparémonos con rapazas que capitanean perigosos barcos
piratas..., rapazas que pilotan naves espaciais..., nenas e nenos que viven
emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha
andanzas.
Convidámosvos a participar nas actividades de BIBLIOPAZOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.