NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 27 de xaneiro de 2019

"UNHA HISTORIA SEN FRONTEIRAS" 2º Premio da categoría D: 1º/2º da ESO "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "Unha historia sen fronteiras" de Uxía Cernadas Besadío - 12 anos - 1º de ESO.

Galardoado co 2º Premio da categoría D: 1º/2º de ESO.

Premiados da categoría D: 1º e 2º de ESO co Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura,
varios membros do xurado do certame, e o representante da
Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela
Un día no comedor, notei a Amina máis triste do normal, e decidín preguntarlle o que lle pasaba. Ela non me contestou, baixou a mirada e botouse a chorar. Nese momento oín como uns rapaces maiores se mofaban dela.

Cando os escoitei, lembreime do día que cheguei. Amina foi a persoa que me acolleu dende o primeiro momento, a que me ensinou todo o centro e sempre me apoiou, ao igual que eu a apoio a ela. Amina é unha rapaza moi enxeñosa e que ten un gran corazón, pero os outros rapaces discrimínana porque é árabe. A pobra pásao moi mal a conta diso e a min sábeme mal permitilo.

Cando se mofaron dela no comedor, botouse a chorar e a min entroume unha inmensa carraxe: unha mestura de rabia e impotencia por dentro. Déronme gañas de meterlles unhas labazadas a aqueles rapaces, pero no fondo sabía que non podía.

Non lles peguei, pero díxenlles unhas cantas palabras. Collín da man a Amina e díxenlle:

"- Amina, queda tranquila e non lles fagas caso, non son máis que uns catetos ignorantes."

Logo dirixinme aos outros rapaces:

"- En canto a vós, non tendes nada mellor que facer, máis que insultar e mofarvos dunha rapaza inocente e marabillosa como é Amina? Metédevos con xente da vosa idade e nós deixádenos en paz." Amina e eu marchamos para o noso cuarto.

Ninguén se volveu a meter con ela, e as dúas somos inseparables, cada unha coas nosas ideas, virtudes e defectos, sen raza, sen xénero e sen nada polo que preocuparnos.

FIN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger