NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 22 de xuño de 2015

XADREZ PARA TODOS

Nestas vacacións de verán, entre outras actividades, podedes practicar o Xadrez.

Aquí deixamos varias propostas para todas as idades.

Esperamos que sexa do voso agrado.



Xadrez para todos, unha colección composta por diversos manuais de iniciación e de perfeccionamento deste antigo xogo de estratexia, dispón actualmente de 5 volumes en lingua galega e está próxima a completarse co sexto. A elas engádense os volumes Xoga e aprende 1 e 2.

Logo de facilitar a edición en galego dos manuais relativos aos niveis inicial e intermedio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición da cidadanía, en lingua galega, o primeiro dos volumes que constitúen o nivel avanzado da colección. 

Xadrez para todos confórmano materiais pedagóxicos para o ensino do xadrez nos ámbitos educativo, deportivo e lúdico artellados a través dun completo currículo en contidos e en obxectivos axeitados para poder ensinar e aprender o xogo do xadrez dunha forma doada, pedagóxica, universal e continuada. Ao mesmo tempo, para facilitar a aprendizaxe, as obras desta colección presentan, mediante un importante apoio visual, os conceptos do xadrez de forma progresiva. Tamén formulan exercicios de dificultade gradual para cada concepto explicado co fin de favorecer a súa adquisición.

A metoloxía destas publicacións permite unha aprendizaxe autodidacta, aínda que sempre se conseguirá un mellor aproveitamento dos contidos traballando cos profesores ou con outros compañeiros. 

Recursos pedagóxicos de calidade en galego 

Seguir lendo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger