NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 9 de abril de 2015

OBRADOIRO "Coñece e defende os teus dereitos como consumidor" con ADICAE GALICIA

https://www.dropbox.com/s/wkrrryaizs6gkcc/Cartel-Derechos-Consumidor-VIGO-abr-2015.jpg?dl=0

Este ano BIBLIOPAZOS, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concelo (OMIX), inicia unha serie de actividades novedosas co obxecto de amplialas a outros ámbitos da información aos cidadáns que non sexan exclusivamente as propias da biblioteca (Animación á lectura, información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías).

Comezamos cun interesantísimo OBRADOIRO SOBRE CONSUMO denominado "COÑECE E DEFENDE OS TEUS DEREITOS COMO CONSUMIDOR" que terá lugar o próximo venres 10 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.

O obradoiro o levará a cabo IRIA AGUETE -coordinadora de ADICAE GALICIA- que nos expoñerá sobre como reclamar cando temos un problema de consumo, en especial nos sectores máis reclamados -banca, electricidade, telefonía e seguros-.

http://galicia.adicae.net/

Despois da exposición dará a coñecer algunhas das reclamacións mais comúns co CADERNO DE RECLAMACIÓNS DE ADICAE, e nos levará polo mundo do consumo para ensinarnos a coñecer os nosos dereitos e a defendernos de todos os abusos que se cometen día a día en contra dos intereses dos cidadáns como consumidores.

ADICAE é unha Asociación de Consumidores e Usuarios de ámbito estatal cunha traxectoria de máis de 17 anos ó servizo da defensa dos intereses e dereitos dos consumidores que conta cunha base social formada por milleiros de soci@s e persoas consumidoras simpatizantes que lle véñen dando o seu apoio. 

ADICAE está presente en Galicia dende o ano 2004 constituída como ADICAE GALICIA, desenrolando as súas actividades en defensa dos consumidores e usuarios.

Se queres saber máis de ADICAE GALICIA fai clic AQUÍ, ou en calquera dos enlaces clicando no seu nome.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO


 VEN E PARTICIPA!

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger