Este ano BIBLIOPAZOS, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concelo (OMIX), inicia unha serie de actividades novedosas co obxecto de amplialas a outros ámbitos da información aos cidadáns que non sexan exclusivamente as propias da biblioteca (Animación á lectura, información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías).
Comezamos cun interesantísimo OBRADOIRO SOBRE CONSUMO denominado "COÑECE E DEFENDE OS TEUS DEREITOS COMO CONSUMIDOR" que terá lugar o próximo venres 10 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.
O obradoiro o levará a cabo IRIA AGUETE -coordinadora de ADICAE GALICIA- que nos expoñerá sobre como reclamar cando temos un
problema de consumo, en especial nos sectores máis reclamados -banca,
electricidade, telefonía e seguros-.
Despois da exposición dará a coñecer algunhas das reclamacións mais comúns co CADERNO DE RECLAMACIÓNS DE ADICAE, e nos levará polo mundo do consumo para ensinarnos a coñecer os nosos dereitos e a defendernos de todos os abusos que se cometen día a día en contra dos intereses dos cidadáns como consumidores.
Despois da exposición dará a coñecer algunhas das reclamacións mais comúns co CADERNO DE RECLAMACIÓNS DE ADICAE, e nos levará polo mundo do consumo para ensinarnos a coñecer os nosos dereitos e a defendernos de todos os abusos que se cometen día a día en contra dos intereses dos cidadáns como consumidores.
ADICAE é unha Asociación de Consumidores e Usuarios de
ámbito estatal cunha traxectoria de máis de 17 anos ó servizo da defensa dos intereses e dereitos dos consumidores que conta cunha base social formada por
milleiros de soci@s e persoas consumidoras simpatizantes que lle véñen
dando o seu apoio.
ADICAE está presente en Galicia dende o ano 2004 constituída como ADICAE GALICIA, desenrolando as súas actividades en
defensa dos consumidores e usuarios.
Se queres saber máis de ADICAE GALICIA fai clic AQUÍ, ou en calquera dos enlaces clicando no seu nome.
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO
VEN E PARTICIPA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.