NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

mércores, 21 de xaneiro de 2015

EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA


Exhortación á desobediencia
Autor: Xosé Manuel Beiras
Edicións Laiovento S.L.
Colección: Ensaio nº 306

Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da "Declaración de Láncara", que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro "Facer País" en outubro de 2005.

Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda.

Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel. Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, unha nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara a unha creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica.

Cómpre reclamarmos o imposíbel: "só é utópico aquilo que non se loita por acadar"

ISBN: 978-84-8487-235-1
Nº de páxinas:117
Formato: 14 x 21 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger