Dende a Axencia Local de Emprego e Desenvolvemento Local do noso Concello nos envían esta información que esperamos sexa do voso interese:
O próximo día 3 de novembro terá lugar no Edificio Multiusos da Xunqueira en Redondela, a Xornada “E POR QUE NON MONTAMOS UNHA COOPERATIVA?” enmarcada no programa de actuación 2014 da Rede Eusumo.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar par ao fomento do cooperativismo e a economía social.
A través da Rede Eusumo:
- Foméntase o espírito emprendedor a través da fórmula cooperativa.
- Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
- Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.
Que finalidade ten a xornada?
- Dar a coñecer o cooperativismo de traballo asociado como alternativa de emprendemento colectivo.
A quen vai dirixido?
- Persoas desempregadas.
- Persoas interesadas en por en marcha unha actividade empresarial.
- Persoas que queren cambiar a súa situación laboral.
- Persoas interesadas en coñecer o cooperativismo como opción apra a inserción o u mellora laboral.
A xornada ten carácter gratuíto.
O prazo de inscripción é ata o día 29 de outubro.
Pódese inscribir chamando ao teléfono 986 402 664 ou a través do enderezo electrónico: ofi.cooperativismo@maiv.org ou en info@eusumo.coop
Máis información en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.