luns, 27 de outubro de 2014

Xornada "E POR QUÉ NON MONTAMOS UNHA COOPERATIVA?"

Dende a Axencia Local de Emprego e Desenvolvemento Local do noso Concello nos envían esta información que esperamos sexa do voso interese:


O próximo día 3 de novembro terá lugar no Edificio Multiusos da Xunqueira en Redondela, a Xornada “E POR QUE NON MONTAMOS UNHA COOPERATIVA?” enmarcada no programa de actuación 2014 da Rede Eusumo.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar par ao fomento do cooperativismo e a economía social.

A través da Rede Eusumo:
  • Foméntase o espírito emprendedor a través da fórmula cooperativa.
  • Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
  • Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.
Que finalidade ten a xornada?
  • Dar a coñecer o cooperativismo de traballo asociado como alternativa de emprendemento colectivo.
A quen vai dirixido?
  • Persoas desempregadas.
  • Persoas interesadas en por en marcha unha actividade empresarial.
  • Persoas que queren cambiar a súa situación laboral.
  • Persoas interesadas en coñecer o cooperativismo como opción apra a inserción o u mellora laboral.
A xornada ten carácter gratuíto.

O prazo de inscripción é ata o día 29 de outubro.

Pódese inscribir chamando ao teléfono 986 402 664 ou a través do enderezo electrónico: ofi.cooperativismo@maiv.org ou en info@eusumo.coop

Máis información en:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.