NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 4 de abril de 2013

Pesadelo no tren Chocolate - LITERATURA INFANTIL

Pesadelo no tren Chocolate
Fina Casalderrey
Ilustracións de Patricia Castelao
Col. Árbore, 166. Ed. Galaxia. Vigo, 2009
A partir dos 10 anos 

Mentres os irmáns xemelgos Iria e Liño agardan a chegada do tren Chocolate (que eles chaman así pola súa cor marrón), emocionados porque van facer por primeira vez unha viaxe sós, o avó Manuel comenta preocupado que non lle gusta como brúa o tren, como queixándose. Ao avó gústalle adiviñar o que vai ocorrer, como cando ao peteirarse as plumas as galiñas insistentemente atinou coa tormenta do día seguinte. Antes era revisor do tren e atopara xentes sorprendentes ao pedir os billetes, unha delas a avoa: desde o día que lle pediu o billete comezaron a viaxe da vida xuntos. Agora é Xefe de Estación en León, de onde saen eles de regreso a Vigo, xunto aos seus pais. E sós.

O avó pídelle que coide deles ao revisor, Anselmo, que os mete nun compartimento xunto a un ancián cego moi serio, inquietante, cunha longa barba branca que mesmo lle tapa a boca, mascando chicle de menta. As súas mans son moi delgadas, coa uña do dedo meñique de cor violeta, case negra. Viaxa acompañado dun can e unha pega, á que Iria faille monadas. O cego libéraa e ponse a peteirar na orella da nena, danándoa, volvendo logo para o ombreiro do amo. Iria sente medo, mais logo adormenta e soña que o ancián come un bocadillo cunha rata viva, comezando a dar paus de cego por todo o compartimento. Cando esperta do seu pesadelo, coa orella sangrando, diríxese ao baño para mirar a ferida. Pero non chega alá, porque vendo á xente durmir nos compartimentos con posturas moi raras coma se estivesen todos hipnotizados, pensa que algo moi estraño está a ocorrer no tren. E cóntalle a Liño o seu asombro e a sospeita de que os outros viaxeiros están mortos e o cego é o malvado pirata Barbanegra. Ademais, o can, Argos, está ateigado de pulgas.

Nunha parada, o cego sae coa pegada e volve abafado. Pouco despois, comezan a ouvirse as queixas dos pasaxeiros, aos que lles roubaron as xoias mentres durmían. Tamén Iria bota en falta o pendente da orella. E cando aparece o revisor contando que debe de ir no tren o ladrón camaleónico, que utiliza moitos disfraces e debeu botar un gas que fixo durmir a todos os viaxeiros do vagón, o cego di que ninguén saíu do seu compartimento. Os rapaces, asustados, non dixeron nin chío.

Auséntase logo o cego, botando un gas que dorme aos irmáns, aínda que antes poden ver como alguén guinda roupa e outros obxectos fóra do tren. Cando volven en si, alí segue o can e unha moza fermosa con mochila que lles ofrece chicle de menta e ten o dedo meñique coa uña violeta, case negra, co que aparta dous pelos brancos que lle colgan do nariz...

99 páx
20 x 13 cm.
ISBN 978-84-9865-235-2

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA
E
LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger