NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

martes, 18 de decembro de 2012

Salgalicia.com: novo servizo para informarnos polo miúdo das actividades de lecer das cidades e do rural





 

Temos nova plataforma de lecer posta en marcha na nosa terra: Salgalicia.com. O servizo diríxese a facilitarnos, cando o desexemos, a información que decote atopamos, disgregada, en ducias de webs, revistas, xornais e folletos sobre as actividades de ocio que se desenvolven na nosa contorna. Ou sexa, que se encamiña a pór un pouco de orde en toda esa marea de datos e, sobre todo, a darnos o que en base aos nosos gustos e tendencias, máis nos pode interesar. O novo servizo, que se pon en marcha con esta ponte da Constitución que xa vén enriba, centraliza nun único foco informativo a oferta galega cultural e de lecer, e todo isto, sinalan os seus responsábeis, sen deixar de lado o que acontece nas nosas vilas e nos núcleos de poboación que non soen aparecen nas grandes axendas.
 
A web, que agardamos inclúa en breve unha versión en galego (cousa lóxica se o que se pretende é chegar á meirande cantidade de xente e cubrir informativamente a cultura dun país cunha lingua de seu) abrangue seis grandes seccións: lecer, gastronomía, benestar, escapadas, obradoiros e orixinais. A intención dos creadores da páxina, amais do devandito, é contribuír a que o público potencial das cidades coñeza o que se fai no rural, e viceversa, co obxectivo de que todas e todos teñan acceso, de primeira man, á ampla oferta cultural que temos na nosa terra.

Salgalicia foi obxecto, recentemente, da cualificación de Iniciativa Local de Emprego da Xunta, co que se recoñece a vontade emprendedora e o carácter innovador das nosas iniciativas de mercado.

martes 4 de decembro do 2012, por Fernando Sarasqueta
Fonte:
Código Cero 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger