Temos nova plataforma de lecer   posta en marcha na nosa terra: Salgalicia.com. O servizo diríxese a   facilitarnos, cando o desexemos, a información que decote atopamos, disgregada,   en ducias de webs, revistas, xornais e folletos sobre as actividades de ocio que   se desenvolven na nosa contorna. Ou sexa, que se encamiña a pór un pouco de orde   en toda esa marea de datos e, sobre todo, a darnos o que en base aos nosos   gustos e tendencias, máis nos pode interesar. O novo servizo, que se pon en   marcha con esta ponte da Constitución que xa vén enriba, centraliza nun único   foco informativo a oferta galega cultural e de lecer, e todo isto, sinalan os   seus responsábeis, sen deixar de lado o que acontece nas nosas vilas e nos núcleos de   poboación que non soen aparecen nas grandes axendas.
A web, que agardamos inclúa en   breve unha versión en galego (cousa lóxica se o que se pretende é chegar á   meirande cantidade de xente e cubrir informativamente a cultura dun país cunha   lingua de seu) abrangue seis grandes seccións: lecer, gastronomía, benestar,   escapadas, obradoiros e orixinais. A intención dos creadores da páxina, amais do   devandito, é contribuír a que o público potencial das cidades coñeza o que se   fai no rural, e viceversa, co obxectivo de que todas e todos teñan acceso, de   primeira man, á ampla oferta cultural que temos na nosa terra.
  
Salgalicia foi obxecto, recentemente, da   cualificación de Iniciativa Local de Emprego da Xunta, co que se recoñece a   vontade emprendedora e o carácter innovador das nosas iniciativas de   mercado.
  
martes 4 de decembro do 2012, por 
Fonte:

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.