mércores, 19 de decembro de 2012

22º certame de narracións breves "Manuel Murguía"

murguia2003O Concello de Arteixo convoca o 22º certame de narracións breves "Manuel Murguía"

1. Poderán concorrer tódolos autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
 
2. Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior aos 15 folios nin superior aos 30, escritos con letra arial, corpo 12 e en tamaño DIN A4.
 
3. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato PDF. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor.

4. As obras deben enviarse facendo constar no sobre "22º certame Manuel Murguía de narracións breves" antes do 1 de marzo de 2013 ao seguinte enderezo.
Concello de Arteixo
Praza Alcalde R. Dopico, n.º 1
15142 Arteixo
A Coruña

5. Establécese un único premio dotado con 3.703,70 €

Maís información na OMIX de Arteixo, teléfono 981 602 413 e en www.arteixo.org

Fonte: Xuventude.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.