NA   SOLAINA 
Baía Edicións,   2008
Sinopsis 
Alguén explicou, unha vez,   que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda   unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero,   en troques, a mirada vólvese libre e a vista que ante nós se ofrece resulta   dunha amplitude totalmente descoñecida, serena... máis reconfortante.
Ana é unha   de tantas mulleres que naceran na segunda década do século XX e que viu rota a   súa vida pola marcha do seu ser máis querido á outra beira do océano na procura   duns pesos... e por unha guerra que nunca tiña que ter comezado... pola soidade,   pola xenreira. Séntese, cando era moza, case unha nena, na obriga de abandonar a   súa casa, a súa familia, coa soa idea de afastarse de todo para sempre, tentando   ao mesmo tempo fuxir dos recordos que ameazaban con relala por dentro.
A cidade   da Coruña acolleuna cos brazos abertos e alí permanece durante corenta anos.   Consegue co tempo o seu propósito de borrar o pasado.
As circunstancias lévana   de novo á súa terra. Un fortuíto accidente condúcea a un fogar da terceira idade   que construíron preto da aldea que a viu nacer. Desde alí pode contemplar a   diario todos os recantos nos que reverdecen outra vez, as lembranzas que cría   durmidas...
Ana ten algo máis de sesenta anos...
Datos   do libro
- Nº de páxinas: 240     págs.
- Encadernación: Tapa blanda
- Língua:     GALEGO
ISBN:   9788496893610


 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.