NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

martes, 27 de novembro de 2012

GUSTAVO PERNAS gaña o XXI Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais

A vixésimo primeira edición deste galardón de referencia para a dramaturxia en galego recae na súa obra “Isobaras”, da que o xurado valora a fuxida dos convencionalismos formais e o coidado estilístico.

Raúl Dans, con “Un mosquito de nome Henri”, obtén o X Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de rapaces.

Declarouse deserto o VII Manuel María de literatura dramática infantil, así como a modalidade de textos para adultos do Barriga Verde.

O Director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede Oliva, e o director da Escola Superior de Arte Dramático e presidente do xurado, Manuel F. Vieites, participaron na entrega dos premios de literatura dramática da Agadic Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde Autor: Xoán Crespo

Gustavo Pernas Cora, coa obra Isobaras, é o gañador do XXI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A concesión deste galardón, o máis lonxevo de todos os convocados no seu ámbito en Galicia e referencial para a dramaturxia en galego, foi comunicada hoxe canda a do X Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de obras para rapaces, que recaeu en Raúl Dans por Un mosquito de nome Henri.

Os nomes de ambos gañadores foron desvelados polo profesor Manuel F. Vieites, presidente do xurado da edición 2012 dos tres premios literarios convocados anualmente pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), quen fixo público o ditame do tribunal no que se recolle igualmente a decisión de declarar desertos tanto o VII Manuel María de Literatura Dramática Infantil como a modalidade de textos para adultos do Barriga Verde.

O director do Centro Dramático Galego (CDG), Manuel Guede Oliva, presidiu este acto de comunicación e entrega de premios en representación de Xesús Vázquez Abad, conselleiro en funcións de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ambos galardóns implican unha dotación económica de 6.000 euros, ademais de contemplar a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións de literatura dramática que a Agadic promove xunto a diferentes editoriais galegas. Leer máis... 


Fonte: Xunta de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger