Ola outra vez seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".
Continuamos con novas actividades que temos organizadas para as vindeiras semanas
a través do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano
2024 "OBRADOIROS
E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" e que contan co
co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos
Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.
Os principais
obxectivos deste programa son os de promover e dinamizar o uso da
lingua galega no municipio, sobre todo entre a poboación infantil, a
mocidade e as persoas con diversidade funcional; animando á creación
literaria e á lectura a través da realización de diversos obradoiros e da
convocatoria dunha nova edición dun certame literario en lingua galega; ademais
tamén se pretende promover e facilitar a plena integración na sociedade
dos colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional, a
través do emprego da expresión artística e literaria en lingua galega.
O primeiro Obradoiro de Creación
Literaria que dará comezo o Venres 27 de setembro será "ESCRIBIR
PARA CONTAR 3" que impartirá o escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ALONSO DIZ e nel participará todo o alumnado de
Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; o alumnado de
Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios
da Asociación ASPAVI.
Realizarase
nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50
e 90 minutos cada unha delas nos seguintes días e horarios:
Venres, 27 de Setembro:
13:00 a 14:30 - 4º de
Primaria CPI Pazos
Xoves, 3 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 5º
de Primaria CPI Pazos
Venres, 4 de Outubro:
13.00 a 14:30 - 3º de
Primaria CPI Pazos
Xoves, 10 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 6º de
Primaria CPI Pazos
Venres, 11 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil CPI
Pazos
Luns, 14 de Outubro:
10:30 a 11:45 - 1º de
Primaria CPI Pazos
13:00 a 14:15 - 2º de
Primaria CPI Pazos
Xoves, 17 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil EEI
A Galeriña
15:30 a 17:00 - Asociación ASPAVI
Dando continuidade aos
obradoiros “ESCRIBIR PARA CONTAR 2” realizados no ano 2023, nesta
nova edición ensínase ao alumnado participante os procesos de creación.
Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión
teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao
nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e
de cada persoa.
Nas
actividades búscase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola
nosa lingua.
Todas
estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en
branco.
Dende os
ciclos de infantil ata 6º de primaria, pasando polas usuarios dos colectivos de
persoas con diversidade funcional, achegaremos a un colectivo de persoas
máis amplo o labor desenvolto a través de obradoiros adaptados a cada idade e
circunstancia.
Os obxectivos que se pretende
conseguir son os seguintes:
- Incentivar
a creatividade e o valor da orixinalidade.
- Estimular
a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o aprecio
e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio histórico),
como inmaterial.
- Asociar
a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de
aprendizaxe.
- Enlazar
elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a narración
oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno familiar.
- Incentivar
a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
- Escribir
como ferramenta de expresión dun mesmo.
- Fomentar
o uso da lingua galega.
- O
emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora
na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.
Os obradoiros están estruturados en cinco
niveis:
- Primeiro nivel: Ciclo
de Infantil
Escribir
para contar.
Narrar
a través da imaxe.
- Segundo nivel: 1º e
2º de Primaria
O
valente coello que quixo soñar.
Unha
intervención artística.
Que
é o protagonista?
Pequenas
historias. Debuxamos.
- Terceiro nivel: 3º e
4º de Primaria
Unha
historia entre todos.
Mesmas
palabras, diferentes historias.
O
relato máis curto do mundo.
- Cuarto nivel: 5º e 6º
de Primaria
A
través de cancións, efectos sonoros, fotografías etextos noutras linguas estimularase a
creación literaria por parte do alumnado.
-Quinto nivel:
Colectivos de persoas con diversidade funcional
Que
queremos contar?
Unha
historia entre todos.
Efectos
sonoros. Que sucede?
O debuxo
como ferramenta de narración.
Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA