

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías













Venres 23 de Abril ás 12:30 horas
na
EEI Infantil "A Galeriña" de Nespereira
na que participarán todos os seus alumnos e alumnas.
Desta vez a contadora ANA FACCHINI levaralle aos
rapaces e rapazas o seu espectáculo "CANTOS, CONTOS E OUTRAS
ANIMALADAS"; unha actividade na que os contos de animais da nosa infancia reinvéntase
en historias actuais cheas de amor, humor e tenrura.
Pequenas historias contadas e cantadas por
animais nunha viaxe por montes, ríos, alamedas, fragas e camiños.
Peludos, tenros, comellóns, medorentos,
curiosos, teimudos e sempre adorables! Un lobo famento, unha granxa ruidosa, un
gato en apuros, unha ovella preguntona... Ovo, rato ou toupa? Atrévete a
descubrir que se agocha entre tanta animalada!!


Seguiremos conmemorando o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE
AUTOR coa terceira actividade deste mes de abril que forma parte do noso programa de animación á lectura "ENCONTRO CON AUTORES" e que terá
lugar o próximo
XOVES 22 DE ABRIL ÁS 10:00 HORAS
NO
AUDITORIO DO CONCELLO
Trátese da conferencia “A INCRIBLE HISTORIA DO GALEGO CRISTOVO COLÓN. DE POIO A BAIONA” que será impartida polo escritor RODRIGO COSTOYA SANTOS autor da novela histórica “PORTOSANTO. O enigma de Colón” na que se basea esta charla.
“PORTOSANTO”, editada en galego -idioma orixinal do texto- no ano 2017 pola editorial Toxosoutos; e en castelán coa editorial Caligrama no ano 2019, é a primeira parte da triloxía “De Luz e de tebras”, tres novelas (cada unha coa súa temática, pero cun núcleo común no que atinxe á época, feitos históricos e personaxes) que abordan dende diferentes perspectivas a eterna loita que libra o ser humano contra si mesmo. A luz da sabedoría, a razón e a tolerancia contra a escuridade que representan a ignorancia, o fanatismo e o dogmatismo.
A publicación desta novela ambientada na Idade Media que aborda a loita do ser humano contra a escuridade ao longo da historia, relanzou a teoría que avala que “CRISTÓBAL COLÓN” naceu en realidade en Galicia.
Aos primeiros datos achegados por CELSO GARCÍA DE LA RIEGA a principios do século XX, e aos descubrimentos de ALFONSO PHILIPPOT ABELEDO a partir dos anos 70 dese mesmo século, RODRIGO COSTOYA recrea na novela a historia dese neno bastardo que chega a ocupar un lugar preeminente na Historia universal.
E é que desde PHILIPPOT, os indicios que demostran que a identidade de COLÓN é en realidade un invento do propio descubridor para ocultar as súas auténticas orixes comezan a ser demasiado convincentes como para ser ignorados. Así, o conxunto de probas que achega o investigador (e desde entón, novas achegas a cargo de moitos outros) deixa poucas dúbidas acerca da coincidencia entre o perfil do almirante e o nobre galego do século XV PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR, máis coñecido como “PEDRO MADRUGA”. A novela de RODRIGO COSTOYA SANTOS eríxese, na actualidade, como o principal elemento de difusión da teoría do Colón galego.
RODRIGO COSTOYA ten publicada coa editorial Pamiés a segunda novela da triloxía, “EL CUSTODIO DE LOS LIBROS”, gañadora do IX Certame de Novela Histórica da Cidade de Úbeda (Jaén) en 2020 e fora tamén finalista do Premio de Novela Torrente Ballester en 2018 convocado pola Deputación da Coruña. Xa vai pola súa 3ª edición.
Contaremos coa asistencia dos alumnos de 3º e 4º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aquelas outras persoas interesadas que queiran participar nesta actividade e coñecer un pouco máis polo miúdo a historia “do pequeno bastardo que cambiou o mundo para sempre”, poden inscribirse –ata completar o aforo- chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.
ANÍMÁDEVOS!!!
PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSVOS!!!




