

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías















O luns 21 de decembro nas instalacións da aula informática do CPI "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén de 15:00 a 17:00 horas e dirixido aos alumnos de 4º da ESO un "OBRADOIRO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA TOPONÍMICA DE PAZOS DE BORBÉN" que será levado a cabo por Vicente Feijoo Ares coordinador técnico do proxecto GALICIA NOMEADA.
O
obradoiro realizarase en dúas sesións dunha hora cada unha. Na primeira sesión
explicarase ao alumnado a importancia que ten recoller e salvagardar o
patrimonio cultural inmaterial do Concello de Pazos de Borbén e cómo funciona a
aplicación colaborativa GALICIA
NOMEADA para a recolleita da súa
microtoponimia e lendas.
A
segunda sesión será práctica e consistirá -si o tempo o permite- nunha saída ao
campo nos arredores do colexio para que o alumnado recolla microtopónimos a
través dos seus móbiles e facendo enquisas a persoas maiores nativas da zona.
Este
actividade complementa a que iniciamos no ano 2019 tamén no mes de
decembro, "TOPONIMÍZATE! Falámosche dos nomes da túa terra.
Descubre como participar na recuperación dos nosos topónimos" que
fora patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia
e que consistira nunha charla-coloquio impartida tamén por Vicente Feijoo Ares á que asistiron persoal técnico do concello,
membros de asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes, e escolares
da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Para
este evento non podemos convidar ao público en xeral a participar del debido aos protocolos da pandemia do COVID-19.
Pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que

En
primeiro lugar realizarase dous "ESCAPE
ROOM CIENTÍFICO" que terán lugar a partir das
10:00 horas no que participarán os alumnos de 6º de Primaria o
venres 18 de decembro e os alumnos de 2º de ESO o martes 22 de
decembro. Ámbolas dúas sesións serán levadas a cabo Ana Míguez Dacosta e Erea
Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA.
Neste
xogo de aventuras físico e mental que consiste en pechar a un grupo de
xogadores nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas
-neste caso de carácter científico- para ir desenlazando unha historia e
conseguir escapar antes de que finalice o tempo disponible; o alumnado
deberá resolver as pistas nas que haberá linguaxe de descifrado, candados,
esposas, luz UV, reloxos de area... e por suposto experimentos e probas
científicas para poder resolver o enigma que os levará a rescatar a
León Supermolón do cofre do tesouro.
Eses mesmos día ás 12:30 horas o venres 18 de decembro e ás 13:00 horas o martes 22 de decembro, tamén no Auditorio do Concello, realizaránse dúas sesións de "CONTACONTOS conCIENCIA", a cargo de Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA, nas que participarán os alumnos de Infantil e de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e que consistirán nunha interpretación lúdica, ilustrativa e creativa de varios contos de xeito que os propios asistentes participen dos mesmos, imaxinando aos personaxes e as súas aventuras, todos eles de temática científica.
Para estes eventos non podemos convidar ao público en xeral a participar deles debido aos protocolos da pandemia do COVID-19.
Pero
queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
