NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 5 de decembro de 2016

A ANTESALA LUMINOSA


A ANTESALA LUMINOSA
Autor: Antonio Tizón
Edicións Xerais de Galicia S.A.,2015                       
Colección: Narrativa

Xénero: Novela de intriga e misterio

 O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o lector. 

Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos; están escritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo... presiden unha das historias; a outra trata sobre o amor, a convivencia, o demo, o inferno –a loucura– como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. 

Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.

ISBN: 978-84-9914-800-7
Nº de páxinas:259
Encadernación: Rústica

domingo, 4 de decembro de 2016

CONTACONTOS "ZAMPULLADAS, COME DE TODO MENOS TRAPALLADAS"

https://www.dropbox.com/s/b45fu4cunnjkkv7/2016-06-03%20GEMA%20PARDO%20-%20ZAMPULLADAS.jpg?dl=0

Seguindo coa programación prevista e para finalizar as actividades de Animación á Lectura deste ano 2016 teremos en BIBLIOPAZOS o Día 19 de Decembro, Luns, a partir das 13:00 horas, a GENMA PARDO (Gema gemola, a contadora de contos que máis mola) que nos ofrecerá o seu espectáculo de contacontos “Zampulladas: come de todo menos trapalladas”.
 
Con esta actividade celebraremos a declaración pola Asemblea Xeral da ONU do ano 2016 como “Ano internacional das legumes”, e na que se designou á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) para que facilite a celebración deste evento co que se propón sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.
 
Temos prevista a asistencia duns 60 nenos e nenas de 3º e 4º curso de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
 
Agradecer desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén -BiblioPazos- á Fundación Filomena Rivero Alonso o patrocinio destas actividades e tamén o desexo de continuar colaborando en anos vindeiros co obxectivo principal de seguir desenrolando actividades de carácter formativo, educativo, culturais e sociais dirixidas a tódolos públicos entre ámbalas dúas institucións.

BECHOS E DEMAIS PARENTES


BECHOS E DEMAIS PARENTES
Autor: Gerald Durrell
Traducción: Moisés Barcia
Sushi Books, 2016        

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Bechos e demais parentes continúa as aventuras da familia Durrell na illa grega de Corfú, iniciadas en A miña familia e outros animais. Gerry observa con igual desconcerto a fauna da illa e os membros da súa familia, composta pola súa nai viúva e os seus tres irmáns, e describe coa mesma fascinación o comportamento animal e as anécdotas que se suceden entre uns seres supostamente racionais.

ISBN: 978-84-15920-92-2
Nº de páxinas: 261
Encuadernación: Tapa blanda
  


ARMAN E A FÁBRICA PODRE


ARMAN E A FÁBRICA PODRE
Autores: Llort & Macip
Ilustracións: Sergi Càmara                        
Edicións Xerais de Galicia, S.A; 2015
Colección: Son un animal

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Arman descubriu os trapos sucios da fábrica de Bundesfraü. Está decidido a deter o desastre e salvar os animais e as plantas de Virolainek! Para conseguilo conta coa axuda deos seus amigos, de Tim, a súa espelida mascota... e do SEU PODER SECRETO. 

Serán quen de atopar unha solución a tempo para deter os plans do envexoso e trampulleiro ministro Zhirkov? 

ISBN 978-84-9914-939-4
Nº de páxinas: 190
Encuadernación: Tapa dura

sábado, 3 de decembro de 2016

O PEQUENO VIRGIL


O PEQUENO VIRGIL
Autor: Ole Lund Kirkegaard                      
Sushi Books, 2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: + 8 anos

No galiñeiro dunha casa vive un neno chamado o pequeno Virgil. El e os seus amigos Oskar e Carl Emil pásano moi ben buscando tesouros, capturando dragóns e facendo regalos de aniversario moi especiais.

Para leelo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS

ISBN 978-84-15920-58-8
Nº de páxinas:133
Encuadernación: Tapa dura

EL CLUB DE LA BUENA ESTRELLA


EL CLUB DE LA BUENA ESTRELLA
Autor: Amy Tan
Traducción: Jordi Fibla       
Editorial Planeta S.A; 2014
Colección: Booket
 
Género: Literatura en castellano - Narrativa

En 1949, cuatro mujeres chinas que recientemente han emigrado a San Francisco inician una serie de reuniones durante las que que comen dim sum, juegan al mah jong y hablan, Unidas por lo que comparten, la pérdida y la esperanza, se hacen llamar El Club de la Buena Estrella.

Con grandes dosis de ingenio y de sensibilidad, Amy Tan explora la conexión a veces dolorosa y a veces tierna, pero siempre profunda, entre los protagonistas y sus hijas ya nacidas en Estados Unidos, un mundo tan distinto al suyo. A medida que cada una de ellas nos va revelando sus secretos y nos van mostrando la verdad sobre sus vidas, los hilos se van entrelazando de una manera casi mágica.

ISBN: 978-84-08-08080-0
Nº de páginas:387
Encuadernación: Tapa blanda

venres, 2 de decembro de 2016

HISTORIA DE GALICIA


HISTORIA DE GALICIA
Desde o Big Bang ata a actualidade
Autor: David Pérez López
Edicións do Cumio.,2015                       

Xénero: Historia

Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando á inferir que iste maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século xx, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural. 

Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas… se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.

 
Presentación do libro " Historia de Galicia" do veciño de Bande David Pérez López 
Video de José Daniel Dorado Silva

ISBN: 978-84-8289-491-1
Nº de páxinas: 326
Encadernación: Tapa blanda


LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA


LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA
Autor: Eric Carle
Traducción: Esther Rubio                
Editorial Kókinos, 2015

 Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

 Edad recomendada: +3 años

La ORUGA era muy pequeña, pero tenía un hambre enorme. Así que se pasó todo este cuento comiendo, atravesando página tras página. Hasta que finalmente se convirtió, como todas las orugas, en MARIPOSA. Un libro agujereado de verdad por la muy glotona.

ISBN: 978-84-16126-34-7
 Nº de páginas:16
Encuadernación: Tapa dura

xoves, 1 de decembro de 2016

BIEITO DUBIDOSO


BIEITO DUBIDOSO
Autor: Roque Cameselle
Edicións Xerais de Galicia, S.A; 2015            


Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles, era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido. Orixinario da vila de Tui, grazas á súa facultade de crear neve en calquera condición atmosférica, atopará en Destreza a compañeira coa que compartirá aventuras e descubrirá o amor.

A novela narra as azorosas e intrépidas aventuras de Bieito Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro; quen na compaña da súa inseparable Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Xoán, dono e señor da vila de Tui.

 ISBN: 978-84-9914-803-8
Nº de páxinas: 243
Encuadernación: Rústica
  


ULISES E AS CRONOAMIGAS


ULISES E AS CRONOAMIGAS
Autor: Érica Esmorís
Ilustracións: Jacobo Fernández                        
Sushi Books, 2015

Xénero: Literatura Infantil - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Ulises e unha alumna exemplar, pero Caraempanada decidiu suspenderlle Historia este curso. Cun pai anticuario, non se pode permitir tal cousa. Os seus pais deciden mandala a un campamento para rapazas na que poderá reforzar os seus coñecementos de Historia. E é que alí conviven rapazas de diferentes épocas históricas.

Nesta primeira aventura, "Ulises e as suas cronoamigas" chegaran á California dos anos 50 e coñecerán todos os detalles daquela década mentres aprenden a surfear.

ACOMPÁÑASNOS!

ISBN 978-84-15920-77-9
Nº de páxinas:191
Encuadernación: Rústica

mércores, 30 de novembro de 2016

PER E O PEQUENO MADS


PER E O PEQUENO MADS
Autor: Ole Lund Kirkegaard                      
Sushi Books, 2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +8 anos

Per e o pequeno Mads pasan a meirande parte do seu tempo gastándolle bromas ó vello Mikkel Paelg. Un día chega unha nena nova á escola e pensan nela como nova vítima das súas falcatruadas. Pero talvez ela non quede atrás.

Para leelo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS

ISBN: 978-84-15920-55-7
Nº de páxinas: 60
Encuadernación: Tapa dura

martes, 29 de novembro de 2016

TIPPE TOPHAT


TIPPE TOPHAT
Autor: Ole Lund Kirkegaard                      
Sushi Books, 2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +8 anos

Tippe Tophat é un libro de relatos variopintos. Polas súas páxinas pasan unha avoa descomunal, un neno que acaba casando, sen comelo nin bebelo, uns rapaces que van á escola para lanzar bocadillos de maionesa ó encerado, un ferreiro toleirán que conta historias incribles e un personaxe que se rebela contra o escritor que o creou.

Para leelo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS

ISBN: 978-84-15920-59-5
Nº de páxinas: 57
Encuadernación: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger