A ANTESALA LUMINOSA
Edicións Xerais de Galicia S.A.,2015                        
Colección: Narrativa
Xénero: Novela de intriga e misterio
 O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados  que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena  madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser  Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a  misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está  vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha  novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos  pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa  funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias  novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o  lector. 
Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase  durante vinte anos; están escritas con diferentes estilos. Crime,  intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos,  garitos de xogo... presiden unha das historias; a outra trata sobre o  amor, a convivencia, o demo, o inferno –a loucura– como tema  catalizador, como antesala luminosa da morte. 
Estamos ante unha novela  mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un  xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.
ISBN: 978-84-9914-800-7
Nº de páxinas:259




 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.