CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
NOTA INFORMATIVA
luns, 15 de decembro de 2025
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE PAZOS DE BORBÉN - BIBLIOPAZOS recibe un novo premio da Campaña de animación á lectura "MARÍA MOLINER" do ano 2025
xoves, 2 de decembro de 2021
BIBLIOPAZOS RECIBE UN DOS PREMIOS MARIA MOLINER DE 2021
O pasado día 19 de novembro foi un día MOI ESPECIAL para a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén-BiblioPazos e para todos os que traballamos na mesma ao longo deste ano 2021.
Ese día comunicáronnos por correo electrónico que se publicara na páxina web do Ministerio de Cultura e Deporte a Orde de Concesión dos premios Maria Moliner deste ano; e que a Biblioteca de Pazos de Borbén foi outro ano mais premiada neste concurso de proxectos de Animación á Lectura que convoca anualmente o Ministerio de Cultura e Deporte polo seu proxecto "Continúa a vida con contos, cancións, natureza e lectura”.
O Concurso de Proxectos de Animación á Lectura “María Moliner” realizase anualmente grazas ao convenio subscrito entre o Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias, vai dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes, e ata un máximo de 370 proxectos son seleccionados para recibir un premio en metálico para adquirir, principalmente, lotes de libros.
Neste ano 2021 a celebración desta campaña resulta de maior relevancia se cabe dado que se cumpren 40 anos do pasamento de María Moliner, bibliotecaria e filógoga excepcional, de maneira que se recollen nesta convocatoria unha especial valoración dos proxectos e actividades realizados desde as bibliotecas en recordo da súa figura e da súa obra.
Dos 370 proxectos seleccionados os dez que obteñan mellor puntuación recibirán un premio por un importe individual de 10.000 euros; mentres que os 360 seguintes por orde de puntuación recibirán un premio por un importe individual de 2.014,69 euros.
O premio obtido pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén consiste na concesión dunha subvención en metálico por importe de 2.014,69 euros para a compra de libros para mellora das súas coleccións bibliográficas.
Entre as seis bibliotecas premiadas da provincia de Pontevedra, ademais da de Pazos de Borbén, tamén recibiron o premio as dos Concellos de Soutomaior, de Campo Lameiro, de Poio e de Ponteareas co mesmo premio de 2.014,69 euros cada unha delas; e a Biblioteca Municipal do Concello de O Grove cun premio especial de 10.000,00 euros.
Na provincia de A Coruña foron premiadas as bibliotecas dos Concellos de Ares e Laracha; na provincia de Lugo as dos Concellos de Xermade e Sober; e na provincia de Ourense as dos Concellos de Esgos, Ribadavia e Verín.
A todas queremos enviarlles os nosos parabéns e sobre todo á de O Grove pola consecución dese premio especial entre todas as bibliotecas que se presentaron de Galicia.
O certo é que estamos contentísimos pois das tres veces que nos presentamos ata agora a este concurso, nos anos 2017, 2018 e 2021, fomos premiados nas tres ocasións.
No proxecto realizado entre os meses de xaneiro a xuño fixéronse diversas actividades (Contacontos, encontros con autores, obradoiros literarios, conferencias, etc.) nas que participaron as contadoras Raquel Queizás e Ana Facchini; os contadores Brais das Hortas e Anxo Moure -a través do Festival Inernacional de Narración Oral "Atlántica" no que participou outro ano máis o Concello de Pazos de Borbén- e Felipe Díaz Valle “Caxoto Contacontos”; os escritores Miguel Anxo Alonso Diz e Rodrigo Costoya Santos; as interpretes de lingua de signos Aranzazu Casas e María Costa de “AZ Lengua de signos”; o Mago Paco (Galicia), Mago Marcos Ortega (Navarra), o Mago Guillermo Avilés (Murcia), o Mago Julianini (Cantabria); e o arqueólogo Xurxo Constela de A Citania Arqueoloxía.
O ter conseguido este novo premio e este recoñecemento pola realización deste proxecto non sería posible sen a aportación económica do Concello de Pazos de Borbén e da Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela; e sen a imprescindible colaboración da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (ASPAVI); da directiva, persoal docente e persoal non docente do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira; do escritor Rodrigo Costoya Santos, brillante gañador do “IX Certamen de Novela Histórica Ciudad de Úbeda (2020)” polas facilidades que nos deu para achegarse a Pazos de Borbén e impartir a conferencia “A incrible historia do galego Cristovo Colón. De Poio a baiona”; e da directiva da Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Amoedo polo traballo e facilidades que nos deron para poder realizar o roteiro pola Senda Arqueolóxica de Amoedo para coñecer parte do patrimonio arqueolóxico e histórico do noso concello.
Grazas a todos e todas pola súa colaboración; aos socios e usuarios da biblioteca, compañeiros de traballo, e todas aquelas persoas e institucións que de algunha forma participaron e colaboraron para levar adiante este proxecto premiado.
GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS
xoves, 7 de marzo de 2019
BIBLIOPAZOS RECIBE UN DOS PREMIOS MARIA MOLINER DE 2018
- Achegar á biblioteca aos cidadáns e cidadás.
- Promover e dinamizar o uso da lingua galega.
- Fomentar a animación a lectura a través dun programa de promoción da tradición oral galega.
- Seguir promocionando e dando a coñecer o Patrimonio natural, arqueolóxico, ecolóxico, histórico, artístico e inmaterial do Concello de Pazos de Borbén.
- Continuar fidelizando usuarios e conquistando novos lectores.
- Renovar permanentemente a colección bibliográfica.
- Proseguir o traballo con colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional co obxecto de promover a súa plena normalización e integración na sociedade.
- Desenrolar tarefas de alfabetización dixital e formación e novas tecnoloxía da información e comunicación co obxectivo de minorar ao máximo a fenda dixital.
- Levar a cultura ao maior número posible de cidadáns e cidadás, intentando conseguir cada ano un maior número de asistentes ás actividades.
- Intentar que o maior número de usuarios se sinta atraído pola lectura e que poidan atopar na biblioteca e nos libros unha fonte de formación, de educación e de entretemento moi proveitoso para o seu desenrolo como persoas ao longo da súa vida.
- Facer da Biblioteca Pública Municipal un lugar de ocio e cultura importante no municipio, un espazo no que os veciños de tódas as idades poidan fomentar o seu gusto pola lectura, pola cultura e polo coñecemento en xeral.
- Abanca.
- Asociación de Pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo (ASPAVI).
- Concello de Pazos de Borbén: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, Concellería de Cultura, Departamentos de Servizos Sociais, Servizos Xerais, Vías e Obras; e Oficina de Información Xuvenil.
- Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos.
- Deputación Provincial de Pontevedra.
- Escola de Educación Infantil "A Galeriña" de Nespereira.
- Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela
- Rede de Dinamización Lingüística.
- Xunta de Galicia.
- A todo o persoal directivo, profesorado e persoal non docente do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e, en especial aos mestres Uxía Porrit Lueiro e Manuel Gonzalez Pastoriza.
- Eli Ríos, escritora.
- Raquel Queizás, actriz e contadora de historias.
- Listaxe das bibliotecas seleccionadas.
- Páxina web da convocatoria.
xoves, 26 de outubro de 2017
BIBLIOPAZOS RECIBE UN DOS PREMIOS MARIA MOLINER 2017
- Deputación Provincial de Pontevedra.
- Secretaría Xeral de Cultura e Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
- Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela.
- Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos.
- Escola de Educación Infantil "A Galeriña" de Nespereira.
- Bibliotecas do Concello de Redondela.
- Biblioteca do Concello de Soutomaior.
- Biblioteca de Híjar-Las Gabias (Granada).
- Oficina de Información Xuvenil, Axencia de Emprego e Devenvolvemento Local, Concellería de Cultura, departamentos de vías e obras, servizos sociais, e oficinas xerais do Concello de Pazos de Borbén.
- Asociación de Pais de personas con discapacidade intelectual de Vigo (ASPAVI).
- Entidade financeira ABANCA.
- Casa Cultural de Amoedo.
- Uxía Porrit Lueiro, mestra do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
- Alvaro Martínez Leiro, Presidente da Comunidade de Montes de Moscoso.
- Antonio Fernández Costas, Presidente da Comunidade de Montes de Borbén.
- Jorge Alvarez García, veciño de Amoedo.
- Isabel Comesaña Fernández, veciña de Nespereira.
- Ruth Galindo, bibliotecaria de Híjar - Las Gabias (Granada).
- Mª Elena Becerra e Mª José Villar de Bibliotecas de Redondela.
- Ledicia Costas, escritora.







