NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de agosto de 2021

ESTELA ÁNGELES MONDRAGÓN E O CAMIÑO A BAQUEACHI

ESTELA ÁNGELES MONDRAGÓN E O CAMIÑO A BAQUEACHI
Autora: Lara Dopazo Ruibal
Ilustracións: Marta Conde Domínguez (Conxenia) e Rotminas (Ina Riaskov y Rotmi Enciso)
Corrección lingüística: Adrián Estévez Iglesias
Edición: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social - Coordinadora Galega de ONGD - Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos
Colección: Defensoras de dereitos

Xénero: Biografías

Idade recomendada: +12 anos

Estela Ángeles Mondragón é defensora dos dereitos territoriais. Desde hai máis de dúas décadas acompaña ao pobo rarámuri, unha comunidade indíxena do norte de México, na recuperación de 44.000 hectáreas de terra e o recoñecemento dos seus dereitos

Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.

Se queres podes vir a buscar lo libro á biblioteca ou dascargalo en formato PDF facendo clic [aquí].

Defensoras de Dereitos é unha colección impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social xunto á Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos. Cada libro recolle a historia de vida e acción política dunha defensora de dereitos de Mesoamérica. Xuntos, forman un mosaico de relatos persoais e colectivos pola dignidade e a vida.

Depósito legal: PO 443-2020
Nº de Páxinas: 44
Formato: 18 x 25 cm 
Encadernación: Cartoné

xoves, 26 de agosto de 2021

MARÍA CUC CHOC. O corazón en alto

MARÍA CUC CHOC
O corazón en alto
Autora: Lara Dopazo Ruibal
Ilustracións: Marta Conde Domínguez (Conxenia) e Rotminas (Ina Riaskov y Rotmi Enciso)
Corrección lingüística: Adrián Estévez Iglesias
Edición: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social - Coordinadora Galega de ONGD - Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos
Colección: Defensoras de dereitos

Xénero: Biografías

Idade recomendada: +12 anos

María Cuc Choc é defensora dos dereitos das mulleres maia q’eqchi’ en Guatemala. Desde moi nova tivo claro que era preciso denunciar e organizarse contra as inxustizas que sufría o seu pobo. María tamén apoia e acompaña a resistencia das comunidades que sofren desaloxos violentos por parte de compañías mineiras e de monocultivono no entorno do lago Izabal, na parte oriental do país.

Se queres podes vir a buscar lo libro á biblioteca ou dascargalo en formato PDF facendo clic [aquí].

Defensoras de Dereitos é unha colección impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social xunto á Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos. Cada libro recolle a historia de vida e acción política dunha defensora de dereitos de Mesoamérica. Xuntos, forman un mosaico de relatos persoais e colectivos pola dignidade e a vida.

Depósito legal: PO 468-2020
Nº de Páxinas: 44
Formato: 18 x 25 cm 
Encadernación: Cartoné

mércores, 3 de marzo de 2021

MIRIAM SUAZO E A DIGNA RABIA

MIRIAM SUAZO E A DIGNA RABIA
Autora: Lara Dopazo Ruibal
Ilustracións: Marta Conde Domínguez (Conxenia) e Rotminas (Ina Riaskov y Rotmi Enciso)
Corrección lingüística: Adrián Estévez Iglesias
Edición: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social - Coordinadora Galega de ONGD - Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos
Colección: Defensoras de dereitos

Xénero: Biografías

Idade recomendada: +12 anos

Miriam Suazo e a digna rabia aborda a defensa dos dereitos das mulleres en Honduras.

Miriam Suazo conta cuha traxectoria de dúas décadas traballando polos dereitos humanos en Honduras. Ela é unha defensora convencida de que "as mulleres temos dereito a vivir unha vida libre de violencias e opresións, a decidir sobre os nosos territorios-corpos e ao pracer".

Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.

Se queres podes vir a buscar lo libro á biblioteca ou dascargalo en formato PDF facendo clic [aquí].

Defensoras de Dereitos é unha colección impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social xunto á Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos. Cada libro recolle a historia de vida e acción política dunha defensora de dereitos de Mesoamérica. Xuntos, forman un mosaico de relatos persoais e colectivos pola dignidade e a vida.

Depósito legal: PO 428-2020
Nº de Páxinas: 44
Formato: 18 x 25 cm 
Encadernación: Cartoné

martes, 3 de marzo de 2020

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2020

O próximo venres 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fonteras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar o seu dia, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde a súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

No Antigo Testamento, no libro do Génesis xa apareceu a primeira muller en revelarse contra o home. Lilith, considerada a primeira muller de Adán, revelouse na súa contra por non considerala igual a él xa que Deus os fixera iguais do mesmo pó.

"Adán e Lilit nunca acharon harmonía xuntos, pois cando el desexaba ter relacións sexuais con ela, Lilit sentía ofendida pola postura deitada que el lle esixía. «Por que hei de deitarme debaixo de ti? —preguntaba—: eu tamén fun feita con po, e por tanto son o teu igual». Como Adán tratou de obrigala a obedecer, Lilith, encolerizada, pronunciou o nome máxico de Deus, elevouse polo aire e abandonouno. Saíndo do Edén foi a dar ás beiras do mar Rojo..."

Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino... e así moitísimos máis sucesos ao longo de toda a historia do mundo.

Desde BIBLIOPAZOS queremos convocar ás veciñas e veciños a unirse este 8 de marzo ás activistas de todo o mundo e a poñer cada un da súa parte o necesario para transformar as vidas das mulleres alí onde se atopen.


"Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres"




E para que vaiades preparando este importante día do ano e vos vaiades informando do gran número de mulleres que loitan pola igualdade e de cómo facelo, deixámosvos unhas imaxes das portadas dalgúns dos libros con temática relativa á muller que podedes atopar en BIBLIOPAZOS.

Podedes vir a leelos na biblioteca, a recollelos para levar para as vosas casas e gozar deles coa vosa familia; e, de paso, animar a todo o mundo para que a través da educación e a cultura se poidan conseguir canto antes os obxectivos de igualdade de xénero que perseguimos en todo o mundo.











Temos moitos, moitos máis.

Se tes interese nalgún libro concreto podes atopalo no catálogo da biblioteca facendo click AQUÍ, chamarnos ao teléfono 986 497 273, ou acercarte persoalmente pola biblioteca onde te informaremos do que necesites.



Pásate por BIBLIOPAZOS
e celebra con nós o
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


martes, 14 de xaneiro de 2020

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Información facilitada pola

Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO


No ano 2019 celebrouse o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia promoveu unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Coa colaboración da Xunta de Galicia, a plataforma ven de lanzar catro publicacións da CDN:

Nesta ligazón pódese atopar os protocolos facultativos asinados despois de 1989 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Máis información na web: https://infanciagalicia.org/

xoves, 22 de febreiro de 2018

UNHA HISTORIA DE AMOR


UNHA HISTORIA DE AMOR
Pequena biografía de María Victoria Moreno
Autora: Joanna Lorenzo Montero
Ilustracións: Tania Solla
Lela Edicións
Serie Mulleres Galegas 3 

Xénero: Literatura Infantil Galega -Biografía

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, 1939- Pontevedra, 2005) foi profesora e escritora en lingua galega. Empregando as súas palabras, a súa opción polo galego foi "unha historia de amor". Deste xeito, ensinou a toda unha xeración de mozas e mozos a amar a vida, a literatura e a levar adiante os proxectos máis fermosos.

A esta muller adicaselle este ano 2018 o Día das Letras Galegas polos seus méritos e esforzos en prol da defensa da Cultura Galega.

Unha colección de Mulleres Ilustres que recordanos como debemos defender os nosos dereitos...



ISBN: 978-84-946043-3-1
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 16 cm
                            

mércores, 21 de febreiro de 2018

SEMENTE DE IGUALDADE, SEMENTE DE LIBERDADE


SEMENTE DE IGUALDADE, SEMENTE DE LIBERDADE
Pequena biografía de Ernestina Otero
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada
Lela Edicións
Serie Mulleres Galegas 4 

Xénero: Literatura Infantil Galega -Biografía

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

Ernestina Otero (Redondela 1890- Redondela 1956) foi unha mestra e pedagoga galega. As súas prácticas innovadoras e a súa afouteza convértena nun exemplo a seguir no eido da educación. Impulsou a asistencia á escola, os dereitos das mulleres, a renovación do profesorado e conseguiu sementar unha xeración preparada para vivir en liberdade.

Unha muller na defensa dos dereitos das mulleres e do aproveitamento das nosas escolas, lingua e cultura galega.

Unha colección de Mulleres Ilustres que recordanos como debemos defender os nosos dereitos...



ISBN: 978-84-946043-4-8
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 16 cm
                            

xoves, 25 de febreiro de 2016

OS DEREITOS DA INFANCIA

Os dereitos da infancia
1ª edición, novembro 2014

En 1959 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantirlles a todos os nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios. Entre outros, o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir educación ou a poder xogar.

Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.
 
ISBN: 978-84-9914-746-8
Formato: 21 x 27 cm
Encadernación: Cartonado 
Nº de páxinas: 88

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger